narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN AGASALLO DE SOMBRAS PARA ROSALÍA
Preparamos a nosa asistencia a unha sesión de teatro con Rosalía e Vidal Bolaño como centros de interese. Para dito evento que xa ensaian 4ºda ESo e Bacharelato confeccionamos este Cuestionario Rosaliano:


I É VERDADE I É MENTIRA LETRAS GALEGA
S 2013

Vivimos e/ou vivamos como Galeg@s!?

Un par preguntas para empezar sobre o noso himno que foi escrito por un amigo da mocidade de Rosalía chamado Eduardo Pondal:

Escolle as dúas Letras das opcións son as verdadeiras e rexeitas as dúas falsas?
A) O pobo galego é o único que ten un himno que comeza con dúas preguntas.
B) O pobo galego ten un himno que canta con orgullo o nome da terra e o dos seus poboadores.
C) O himno galego divide aos habitantes de Galicia en imbéciles e escuros e os bos e xenerosos.
D) O himno galego proclama a unión de todos os galegos ao longo da historia desde a época de Breogán.

CUESTIONARIO ROSALIANO

SOBRE O NACEMENTO DE ROSALÍA:
1-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Din que María Rita Rosalía naceu en Compostela, filla da fidalga solteira Dona Tareixa.
B) Din que María Rita Rosalía naceu en Padrón no mesmo lugar onde morreu.
2-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Do seu pai nada se sabe, mesmo ela en vida non soubo nada del.
B)Do seu pai hai quen asegura que foi un home que estudaba para cura.

A INFANCIA
3-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Pasouna en Padrón comezando un contacto especial coa tradición oral, o verdadeiro espírito do pobo.
B) Pasouna en Compostela, sen coñecer inicialmente o verdadeiro espírito do pobo galego.

A MOCIDADE DE ROSALÍA
4-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)En Compostela comezará como todas as mulleres da época a prepararse para ir á Universidade.
B) Non todas as mulleres na época tiveron acceso aos estudos, pero ela comezounos no Liceo da Xuventude .

5-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Gustáballe moito a repostería e o deseño de vestiario elegante.
B)Gustábanlle a música, o debuxo e especialmente o teatro.

6-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Chegou a representar obras de teatro na súa mocidade con moito éxito, polo que despois de casada volveu a interpretar un papel protagonista en Compostela.
B) A súa relación co teatro foi circunstancial simplemente asistía ás representacións que se facían en Compostela, claro está, daquela todas en castelán.

7-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Tivo como amigos de moza en Compostela a dous poetas comprometidos e exaltados liberais.
B) As súas amizades eran todas da elite de Santiago, mesmo relacionadas co arcebispo.
8-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Manuel Antonio e Castelao, que son de Rianxo eran os seus amigos.
B) Eduardo Pondal e Aurelio Aguiirre eran os seus amigos.
9-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Os dous poetas de ideais progresistas e case revolucionarios, que compartían con Rosalía, participaron activamente en actos políticos de obreiros e estudantes como o chamado banquete de Conxo.
B) Os seus amigos conservadores, ideas que compartía Rosalía, propugnaban á volta ao Antigo Réxime, cunha monarquía centralista e unha sociedade estamental.
10- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Rosalía tiña unha ideoloxía liberal e progresista, filla dun século, o XIX, de profundos cambios ideolóxicos na sociedade.
B) Rosalía, como muller que era nun tempo sen igualdade, tiña unha ideoloxía máis ben conservadora como logo comprobaremos na súa obra.
11- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Aurelio Aguirre chegaría a ser un poeta famoso en castelán que, a pesar de ser amigo de Rosalía, sempre criticaría o seu afán por escribir en galego.
B) Aurelio Aguirre, amigo íntimo de Rosalía, foi poeta que inflúe na nosa poeta , pero non puido coñecer apenas a obra en galego da autora porque se suicidou na praia de Orzán á idade de 25 anos.

RELACIÓN CON MANUEL MURGUÍA
12-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Rosalía non tivo nunca unha actitude emprendedora, proba delo é que en canto chega a Madrid casa con Murguía.
B) Rosalía chega a Madrid con intención de ser escritora, grazas á publicación do seu primer libro en castelán La flor, din que coñeceu ao seu home Manuel Murguía.

13-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) A partir do casamento Rosalía vai ter unha dependencia total con respecto ao seu home, de feito o matrimonio cambiará de residencia en función do traballo de Murguía e mais adiante, ao ter un gran número de fillos, imposibilitará o seu desenvolvemento como autora.
B) Rosalía despois de casar vai estar máis limitada para exercer como escritora, pero nunca deixará de escribir, ademais vai haber momentos, especialmente os primeiros anos de casada nos que viaxará soa a Compostela, por exemplo para ter a súa primeira filla, Alexandra .

14- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Murguía apoiará a Rosalía para que escriba e publique en galego, pero será a autora a que desenvolva autonomamente o seu primer poemario en galego Cantares Gallegos.
B) Murguía impuxo os seus criterios á hora de escribir en galego, proba delo é que Rosalía tamén escribiu en castelán.

DE CANTARES GALLEGOS
15-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Sobre a obra de Cantares gallegos dise tradicionalmente que foi feita ás presas e dun xeito espontáneo, de aí o seu pouco valor con temas relacionados gran parte co costumismo e o folclore e a gran diferenza coa outra obra en galego: Follas Novas.
B) Os Cantares gallegos foi unha obra pensada e deseñada baixo un modelo e un estilo que xa aparecía na obra de Sarmiento, onde se fai un canto á dignidade de Galicia, das súas xentes e da súa lingua facendo uso da tradición oral, unha obra distinta a Follas Novas, pero dun valor equiparable.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 22-05-2013 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0