narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 5
Os nomes das cousas: A casa (páx.106)
A parasíntese (páx.107)

A casa rural e un barrio na cidade.

Lingua e sociedade: As variedades da lingua.(páx.108)

Ortografía: Os signos de puntuación I (páx.109)

Gramática: Tipos de pronomes. Demostrativos e posesivos.(páx.110-111)

Literatura: A lírica I.(páx.114-115)

Tradición oral: Os Lobishomes.(Na libreta)

UNIDADE 7:
Gramática: Pronomes persoais tónicos ( páx. 150-151)

UNIDADE 8:
Gramática: Pronomes persoais átonos(páx. 170-171) No blog

A colocación dos pronomes átonos e o seu uso.

Repaso de VERBOS REGULARES.

LECTURA: Comezamos despois da proba escrita: Memorias dun neno labrego.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2020 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cara o 2º avance.

Imos realizar unha proba de avance que nos sirva para repasar gramática:

- Clases de palabras
- Os tempos e modos verbais.

- O verbo regular ou tamén no libro no tomo do terceiro trimestre na páxina 275.

Para os que suspenderon faremos unha proba de recuperación da 1ª avaliación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2020 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Para a proba da 1ª Avaliación.
UNIDADE 1: As palabras (clases)páx. 23

Lingua e sociedade: A lingua dos nosos avós (blog e libreta).

UNIDADE 2:
Os nomes das cousas:
O Léxico da aula (ver blog e libreta).

Léxico dos sentimentos e o carácter páx. 38
A derivación: Prefixos páx. 39

Obradoiro de expresión:(na aula e na libreta)
Resumo escrito de textos e audiovisuais.


Lingua e sociedade:
As linguas románicas páx. 40. (no blog)

Ortografía:
As regras de acentuación páx. 41

Gramática:
O substantivo (tipos) pax. 42 e 43.
Adecuación textual páx. 45

Literatura:
O xénero narrativo: o argumento, os narradores e personaxes. páx 46-47

Tradición oral: MES DE DEFUNTOS I (blog e libreta)

UNIDADE 3:
Os nomes das cousas:
O léxico saúde e a enfermidade páx. 58
A derivación: Tipos de sufixos páx. 59

Obradoiro de expresión:
Textos en prosa: narración e descrición.

Lingua e sociedade:
As linguas da península páx. 60 (no blog)

Ortografía:
Casos especiais de acentuación páx. 61

Gramática:
O substantivo: xénero e número páx. 62-63
A coherencia textual(1) páx. 65

Literatura:
O xénero narrativo: espazo, tempos(interno/externo) e estrutura páx. 66-67

UNIDADE 4

Lingua e sociedade:A árbore filolóxica de 1º ESO B (blog e libreta)

Léxico: A composición páx. 79

Ortografía: Acento diacrítico páx. 81

Gramática: O adxectivo: tipos/ xénero-número e grao do adxectivo páx.82-83

Literatura: Subxéneros narrativos: Conto / novela páx. 86-87
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2019 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de teatro no San Narciso (11 de abril)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2019 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Teatro no San Narciso 11 de abril
Para celebrar o Día do Teatro o pasado 11 de abril celebramos unha Xornada de Teatro na que a 1º ESO B tocounos representar unha versión reducida do D. Juan Tenorio de Zorrilla.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2019 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Proba da 3ª Avaliación
Os temas que van entrar están incluídos no voleme do terceiro trimestre: Temas 9, 10 , 11 e 12.

As páxinas as que temos que repasar para o exame son:
LÉXICO: Páxinas 194-195 / 214-215

LINGUA E SOCIEDADE: 196- 216- 236

ORTOGRAFÍA: 197- 217 - 237 - 257

GRAMÁTICA: Ollo volven a entrar PRONOMES (unha pregunta que se pode ver no blog ou no libro nesta ocasión relacionados coa localizaciñon de Obxectos Directos e Indirectos na Oración</b>)

VERBOS IRREGULARES nas páxinas do Anexo están conxugados e explicados na estrutura: 198-199/ 218-219.

ADVERBIOS, PREPOSICIÓNS E CONXUNCIóNS: 238-239.

LITERATURA: O xénero dramático 202-203 / 222-223.

LETRAS GALEGAS: Vida e obra de CARLOS CASARES.

Lembrar que o Plan Lector (Proba de Lectura, xa realizada e actividades do libro son chave para a probar a materia).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2017 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
PROBA 2ª avaliación:
Do libro do 2º trimestre:

O NOME DAS COUSAS: tema 7 e 8
As paisaxes e os préstamos lingüísticos.
Os animais e o campo semántico.

GRAMÁTICA: temas 5-6-7-8
Os pronomes demostrativos e posesivos, cuantificadores, interrogativos, exclamativos.
Pronome persoal tónico e átono.

Ollo: identificación, colocación, exercicios (te/che, contraccións, subtituir OD e OI por pronomes átonos...) Podedes practicar exercicios nos enlaces do blog.

ORTOGRAFÍA E EXPRESIÓN: signos de puntuación e maiúsculas (temas 5-6-7-8)

A descrición obxectiva e subxectiva.

LITERATURA
Traballo sobre Rosalía (vida e curiosidades)
A LÍRICA temas 5-6-7 Medida de versos, ritmo e rima, tipos de estrofas).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2017 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Para preparar a proba do avance
Temas do libro de texto:

Tema 4 (do tomo do Primeiro Trimestre)
páxinas 78,79- 81,82,83-86-87 94-95

Tema 5 (do tomo do Segundo Trimestre)
páxinas 106,107, 108,109 110,111 114,115

e do Tema 6, 7 e 8
páxinas 126, 130,131 / 150,151 / 170/171

OUTROS
Literatura
Memorias dun neno labrego (Unha pregunta da lectura).

Comprensión e Expresión sobre a tradición Oral "Os Mouros".

Sociolingüística: LUSOFONÍA (ver no libro e no blog).

Ver o blog tamén para o vocabulario da casa.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2017 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Día Escolar da Paz:


Irmaus. Celso Emilio Ferreiro

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2017 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
De cara a Proba de setembro

LECTURAS:
Sobre as lecturas establecemos dous tipos. Para aqueles alumnos/as que non realizaron as lecturas obrigatorias durante o curso deben realizar un traballo (como se especifica na información sobre a materia que se lles entregou coas notas). A lectura obrigatoria para estes alumnos é: Memorias dun neno labrego, de X. Neira Vilas.

As lecturas recomendadas son unha especie de traballo complementario que os alumnos/as aos que se lles indica(na información sobre a materia que se lles entregou en xuño coas notas) poden realizar coa intención de sumar á calificación da avaliación extraordinaria de setembro. A listaxe de libros é:
-Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo, Editorial Xerais.
-Os vellos non deben namorarse de A.D. R. Castelao, Editorial Galaxia.

Sobre calquera destas lecturas o traballo debe incluír un resumo por capítulo ou escenas e un vocabulario do capítulo ou escena na procura das palabras que non coñezamos.

Na proba de setembro incluiremos unha pregunta sobre a lectura.

MODELOS DE PROBAS:
Colocamos a continuación modelos de probas realizadas durante o curso semellantes á que tera lugar en setembro:

1ª Avaliación:

1.LÉXICO: DO ROSTRO.
2-Escribe o sinónimo de : alegría, tristeza, abraio, noxo, receo, medo, enfado, tedio

3-GRAMÁTICA: Separa os prefixos e lexemas nestas palabras e explica o seu significado: Monolingüe, contradicir, prehistoria, semifinal, posguerra, polideportivo.
4- Tipos de substantivos e un exemplo de cada.

5- VERBOS: Conxuga os tempos presente e perfecto de indicativo do verbo ANDAR/ OBEDECER

6- LINGUA E SOCIEDADE: Que son as linguas románicas? Enuncia 6 destas linguas. Que é a lingua indoeuropea?. Que consecuencias tivo o Franquismo para a nosa lingua?

7-ORTOGRAFÍA: Ponlle tiles ao seguinte texto: ( texto 1: A afogada e unha rapaza fermosisima, esvelta e palida, loura e de longos cabelos, enguedellados en algas. Adoita aparecer entre a escuma do mar dos dias de mareira ou trebon andando sobre o mar ou asomando a cabeza entre as furnas. Non e unha serea, ten figura humana, comunica desgrazas e cando se ve, vai ocorrer un naufraxio; e, pois, agoiro de morte. E muda, non fala e emite chíos semellantes aos das gaivotas. Explica neste texto os distintos elementos narrativos.

8-LITERATURA: DEFINE os xéneros literarios tanto na forma como polo seu contido. Tipos de narradores.

9-Identifica se os textos son literarios ou non e a que xénero pertencen. Explica a medida e a rima dun texto poético.

10 ? COMUNICACIÓN/ EXPRESIÓN: Redacta unha descrición persoal dun amigo/a imaxinario. As primeiras 5 liñas fagas unha prosopografía, logo nun segundo parágrafo unha etopea e un parágrafo final transformando este retrato nunha caricatura.

2ª Avaliación:

1-Ponlle nome aos números das imaxes.
2-GRAMÁTICA: Conxuga os tempos de indicativo e subxuntivo (escribe o nome do tempo e a primeira persoa) do verbos: ANDAR / VARRER.
3-Adxectivos:Escribe o feminino e o plural masc. e fem. De:
catalán,
comellón,
campión,
italiano,
tecelán,
cru,
paspán,
alemán,
cidadán
fértil
fiel
azul
cristián
folgazán
humano

4-Grao do adxectivo: Escribe un adxectivo en grao positivo, comparativo e superlativo. Logo constrúe as seguintes oracións : É mellor_____ vós / Es tan alto _____ ti / Era menor _______ parecía/ Fora tan divertido _______ curto.

5-Acento diacrítico. ESCRIBIMOS BEN: Ponlle til ás palabras que o precisen:
a) Compre que maña chamedes a Anton por se quere sair connosco. Se cadra logo ven a xogar as bolas.
b) Dixeronme que fora a casa de Ramon e que agardase fora ata que chegase el. O panadeiro debia traer unha bola de pan.
c) Alguen esta agardando a sua resposta. Logo ves e ves que tipo de pregunta e esta.
d) Cando fomos de excursion, vimos un esquio nunha arbore que habia preto do muiño. Logo vin un oso pardo.
f) A viuva sabia mais do que dicia, pero as veces compre non ter tanta presa. Ela e moi apurada, mais onte non.

6.PRONOMES: Pon un exemplo dos distintos tipos de: Está ben escritas as seguintes oracións. Corríxeas:
Meu pai era mariñeiro, seu amigo non e noso barco estaba pintado de azul.
Escribe unha oración empregando: ?Cadanseu/cadansúa? e ?de meu, de teu,... de noso...?.

7-ESCRIBE: Tres palabras derivadas, tres compostas, tres parasintéticas e unha simple.
8-LITERATURA: Lírica. Define o xénero e indica as súas principais características iindicando cal das seguintes adoitan presentar: musicalidade/ falta de ritmo, obxectividade/subxectividade, estética/ antiestética, connotación/ denotación, persoal/impersoal, linguaxe habitual/ linguaxe elaborada, sensible/ insensible, verso/ prosa.

9-PLAN LECTOR: Comprensión e expresión: Memorias dun neno labrego de....................................
Que tipo de narrador presenta?
Cita cinco personaxes da novela e describe brevemente como son ou que relación teñen co protagonista.
Explica por que este libro é unha novela e non un conto.

10-EXPRESIÓN: Resume o argumento do libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO (unhas 10-15 Liñas)

3ª Avaliación:

1- LÉXICO:Ponlle o nome aos machos, femias e crías dos animais da ilustración. Que é un campo semántico? Pon dous exemplos.
2- GRAMÁTICA.Colocación dos pronomes átonos.
3- Conxuga unha das formas de cada tempo de Indicativo e de Subxuntivo do verbo irregular SER.
4- Conxuga o Infinitivo de SER e de NADAR.
5- Coloca te ou che e comproba pasando a pasiva unha das oracións seguintes.
Cantos cartos ______ deron______?
Non ______ vin_______ no cine.
Xa sabía eu que ______ atoparía______ alí
____pintou______ o cadro que lle pediches?
______sacou______ moi ben nesa fotografía.
_____contarei______ o segredo se o mantés secreto.
_____dixen______ que o mantiveses en segredo. Agardei_____ toda a tarde para dar______ o regalo.


PASIVA:


6- Substitúe o OD e OI con pronomes átonos tipo llo(s), lla(s)/ llelo(s), llela(s): mercou un libro a Xan/ mercoullo
Rubén colocou o roncón á gaita. OD:o OI:lle

Pon sal aos pementos de Padrón

A doutora recomendou ao meu curmán unha dieta moi xeitosa

Aínda non empezaron as obras ao Gumersindo na ribeira

Na rapa das bestas collen o rabo aos cabalos


7- LITERATURA: características dos subxéneros líricos populares e cultos:

8- EXPRESIÓN CREATIVA: Explica que é un lobishome. Debes introducir palabras elementos como fada, envorcallar, sétimo, lobo da xente, peeira dos lobos, pelica, ouvear, sangrar...
9- PLAN LECTOR: Vida e obra de A.D.R.Castelao
10- Resume o argumento dos tres lances e o epílogo da obra: Os vellos non deben namorarse.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2016 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0