Resume as historias de María Pita, María Martines, Maruxa Pindo e Ernestina Otero.
Este documental podería lembrar a vida de Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán ou Concepción Arenal porque...
pero escolle a vida das mulleres anónimas dende a prehistoria ata os nosos días. cales son algúns dos trazos destacados da vida das mulleres galegas.
Por que no 75% dos contratos de foros na Idade Media aparecen os nomes das mulleres, ademais dos nomes dos seus homes?
Fálase das viúvas de vivos a que se refire?
Se te fixas nos salarios das mulleres saberás responder a esta pregunta. Por que traballaban as mulleres en lugar dos homes nas fábricas de conserva ou de tabacos no século XIX?
Por que a sociedade da época de Rosalía ao principio do século XX non quería que as mulleres fosen ilustradas?
Cando votaron as mulleres por vez primeira en Galicia? Por que e que significou que se perdera ese dereito para as mulleres pouco despois?
Rosalía, unha roseira sempre viva Libre é o meu corazón, libre a miña alma
Solo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas, como los árboles en el desierto y el pirata en la mar. Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento...
Lieders, 1857
OS COMPROMISOS DE ROSAlÍA nos seus textos: Coa terra
Todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar pra desir unha vez siquera, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.
Prólogo Cantares Gallegos
Cos seus
Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas.
Prólogo Follas Novas
Coas mulleres
Mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres.
A emigrazón i o Rei arrebátanlles de contino o amante, o irmán, o seu home . Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse, para manter ós seus fillos parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.
Heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que eu son, e cuias santas harmonías deberan ser espresadas cunha soia nota e nunha soia corda, na corda do subrime, e na nota da delor. Anque sin forzas pra tanto, tentei algo deso, sobre todo no libro titulado As viudas dos vivos e as viudas dos mortos.
Prólogo Follas Novas
Coa lingua
Crerán algús que porque, como digo, tentei falar das cousas que se poden chamar homildes, é por que me esprico na nosa lengoa. Non é por eso. As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da nosa terra, na nosa lengoa, e pagar en certo modo o aprecio e cariño que os Cantares Gallegos despertaron en algúns entusiastas. Aceptárono i, o que é máis, aceptárono contentos, e eu comprendín que desde ese momento quedaba obrigada a que non fose o primeiro i o último. Non era cousa de chamar as xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesma levantara.
Prólogo Follas Novas