ara os nosos maiores Galicia é o país da Mourindade. Imos descubrir que significa iso. Os mitos teñen unha referencia local concreta. Galicia é ese lugar e os lugares de pegada arqueolóxica son os máis singulares espazos onde pode que se nos apareza a Moura.
Os Mouros e a Moura son personaxes ligados pois ao noso pasado, enfeitizados e polo xeral invisibles, pero que se poden deixar ver, mais para a maioría son invisibles.
Saibamos que é unha moura para comezar:
Actividade: 1- Redacta un texto onde expliques que é unha moura.
Logo de ver o segundo capítulo resume o seu contido.
Febreiro é un bo momento para falar dos lobos por que? Galicia, como xa sabedes, é o país das marabillas entre outras cousas por ter un dos 10 entroidos do mundo máis orixinais. Agora que comezamos xa o mes de febreiro imos saber máis cousas deste ciclo que denominamos de Entroido.
NA CANDELORIA MEDIO INVERNO VAI FÓRA
Comeza o mes coa CANDELOIRA, o día 2 de febreiro que é o día que casan os paxaros. Cando xa se sabe que os días vese que medraron e se achega o Entroido ou talvez xa comezara ao rematar o ciclo das trece lúas en xaneiro...
O ENTROIDO E O LOBO
Entroido é o tempo de preparación para a primavera, a época posterior a da fecundidade, no que hai que facilitar a entrada da primavera e o tempo da calor que se está achegando. Nestes días a Natureza, as plantas e animais, mesmo os homes andan cos preparativos previos ao agromar dos vexetais, á floración, ás crianzas de todo tipo de bechos grandes e pequenos, tamén das colleitas que logo virán.
Entón o Entroido é un ritual moi antigo dos seres humanos do mundo enteiro para que evitar todo o que impida o triunfo posterior da primavera. En Europa había un animal que temían especialmente homes e mulleres e que procuraban manter afastado dos seus rabaños especialmente nestes tempos de frío.
Antigamente sabemos que os romanos festexaban neste mes unha festa onde os lobos e a fecundidade estaban ligadas a un ritual moi curioso: As Lupercais.
AS LUPERCAIS ROMANAS E O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
Hoxe descubriremos como as Lupercais que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido propio de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín (na zona oriental e montañosa de Galicia) que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico moi temido). Estas máscaras perseguen aos viandantes fustigándoos e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.
Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia, unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.
PELIQUEIROS EN ACCIÓN
O CALENDARIO DE ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de entroido
Luns de entroido
Martes de entroido
Mércores de cinza:Enterro da sardiña
Domingo de piñata.
As Trece Lúas conforman o ciclo de Nadal que arredor do Solsticio de Inverno e as súas vellas tradicións fusionadas co Cristianismo viven na tradición de Galicia.
Hoxe celebramos as festas do nacemento de Xesús, a Luz e a Vida, os primeiros cristiáns fixéronas coincidir co Solsticio de inverno.
O SOL E A LÚA E O NADAL
O ano solar de 365 días (a non ser o bisexto de 366) e o ano lunar 354 días (logo o ano solar son case 13 ciclos da lúa) non coinciden.
Da noite de Nadal (24 decembro) á de Reis (6 de xaneiro) van 13 lúas tamén.
Os deuses do sol no Mediterráneo (como o exipcio Horus ou grego Helios, tamén romanos, hindús, tibetanos…) celebrados no solsticio de inverno como Xesús Cristo.
CELEBRACIÓNS DE GALICIA NAS TRECE LÚAS
24 Nadal: Noiteboa
Tizón de Nadal
Bacallau e pan de noces
Roldas de paxoliñas, vilancicos e a misa do galo.
Nadais e aguinaldos.
28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas.
31 de decembro: Noitevella.
Lumeiras e o Apalpador.
Aninovos e Manueles.
A Noite de Reis do 5 de xaneiro.
Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,
Reixes do Cebreiro… precedentes do Entroido)
Pero de onde saíron logo a Arboriña de Nadal e papá Noel?
Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.
Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.
Había dous lugares para comunicarse coas divinidades antigamente:
O primeiro era o fanum, que era un lugar sen construcción onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) logo mellor que culto ás árbores será nas árbores!
O segundo o templum, que era unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas asociadas a ese novo lugar de culto.
Logo levamos ás casas a árbore sagrada: Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol e a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, simbolizadas nos agasallos e outros adornos. Así o fanum ou o templum e o poder máxico desexado están dalgún xeito nas nosas casas.
O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.
O APALPADOR
Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador.
CUESTIÓN: Investiga quen é esta figura do Apalpador.
Imos agora traballar un vilancico tradicional galego:
Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:
Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
CUESTIÓN: Copia o texto no teu caderno para logo podelo comentar na aula.
Sabedes por que este mes de novembro se coñece tamén como Mes de Defuntos en Galicia?
Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradici´n na forma do Samaín.
Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume) que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).
Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.
É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta festa druídica celta chamábase "a vixilia de samaín", así que de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a Todos os Santos o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada Día de Todos os Santos (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.
Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.
Comezamos así os relatos deste MES DE DEFUNTOS
CUESTIÓNS:
Falaremos cos nosos familiares do que hoxe coñecemos como Samaín, pero ese non era o nome que lle daban os nosos avós e avoas a este costume de tallar calacús.
Preguntaremos nas casas e aos nosos familiares sobre que se adoita ou adoitaba facer nos días 1 e 2 de novembro tanto nos cemiterios como sobre todo nas casas. Que se vai facer no cemiterio? Antes facíase algo distinto ao que se fai estes día alí? Que se come ou comía tradicionalmente eses días? Por que? Que se facía despois da cea en relación cos defuntos?...
O país da Mourindade, é o pais da vella Gallaecia que estaba habitado por mouros e mouras que hoxe están enfeitizados e viven debaixo de castros, penedos e castelos (ou debaixo da auga das lagoas) tras ser derrotados por Carlomagno e os seus exércitos.
Os mouros déixanse ver por aqueles que eles queren e poden facer tratos cos humanos. O trato debe ser segredo, non se pode contar porque se non os tesouros prometidos en lugar de ouro convértense en carbón ou en cagallas.
As mouras, peiteándose a carón dunha fonte ou dunha cova tamén gardan tesouros e están encantadas polo que, quen as desencante debe ter o valor de bicar a unha cobra para a librar do encantamento, ademais, como non, de gardar o segredo do trato. As vinganzas polos incumprimentos son perigosas e temidas entre as xentes do común.