narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Para rematar o Tempo de Defuntos


SOBRE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 30-11-2022 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
RELATOS DO TEMPO DE DEFUNTOS

Morte Branca, Morte Moura
O Paxaro da morte
Ánimas e Pantasmas
As Luciñas e os Ruíns
A Sociedade do óso
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 15-11-2022 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
MES DE DEFUNTOS



Sabedes por que este mes de novembro se coñece tamén como Mes de Defuntos en Galicia?

Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradici´n na forma do Samaín.

Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume) que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).

Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.

É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta festa druídica celta chamábase "a vixilia de samaín", así que de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a Todos os Santos o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada Día de Todos os Santos (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.


Comezamos así os relatos deste MES DE DEFUNTOS

CUESTIÓNS:
Falaremos cos nosos familiares do que hoxe coñecemos como Samaín, pero ese non era o nome que lle daban os nosos avós e avoas a este costume de tallar calacús.



Preguntaremos nas casas e aos nosos familiares sobre que se adoita ou adoitaba facer nos días 1 e 2 de novembro tanto nos cemiterios como sobre todo nas casas. Que se vai facer no cemiterio? Antes facíase algo distinto ao que se fai estes día alí? Que se come ou comía tradicionalmente eses días? Por que? Que se facía despois da cea en relación cos defuntos?...
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 26-10-2022 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cando CASAN OS PAXAROS

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 02-02-2022 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
AS MOURAS: A PENA DA MOURA DE REMESAR


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 02-02-2022 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
O país da Mourindade:


O país da Mourindade, é o pais da vella Gallaecia que estaba habitado por mouros e mouras que hoxe están enfeitizados e viven debaixo de castros, penedos e castelos (ou debaixo da auga das lagoas) tras ser derrotados por Carlomagno e os seus exércitos.

Os mouros déixanse ver por aqueles que eles queren e poden facer tratos cos humanos. O trato debe ser segredo, non se pode contar porque se non os tesouros prometidos en lugar de ouro convértense en carbón ou en cagallas.

As mouras, peiteándose a carón dunha fonte ou dunha cova tamén gardan tesouros e están encantadas polo que, quen as desencante debe ter o valor de bicar a unha cobra para a librar do encantamento, ademais, como non, de gardar o segredo do trato. As vinganzas polos incumprimentos son perigosas e temidas entre as xentes do común.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 31-01-2022 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Defuntos


Imos ir sabendo porque o mes de novembro coñécese en Galicia como mes de Defuntos.

Morte Branca e Morte Moura

O PAXARO DA MORTE

AS LUCIÑAS E OS RUÍNS

ÁNIMAS E PANTASMAS

A COMPAÑA

SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 01-11-2021 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o tempo do frío

Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradici´n na forma do Samaín.

Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume) que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).

Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das cabeiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.

É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta festa druídica celta chamábase a vixilia de samaín, así que de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a Todos os Santos? o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada Día de Todos os Santos (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 28-10-2021 06:36
# Ligazón permanente a este artigo
AS HERBAS DE SAN XOÁN
Debemos preguntar aos nosos maiores cales son as herbas de San Xoán, pero para quen non o poida facer que vexa este vídeo:
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 24-06-2021 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
AS MOURAS




O PAÍS DA MOURA

A PENA DA MOURA DE REMESAR

A MOURA PETRA DE NEGROS (REDONDELA)
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 27-05-2021 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0