narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O idioma é...
Coas metáforas e as súas ilustracións feitas na aula realizamos este vídeo de Metáforas para un idioma:



Participan no vídeo:
-Acuña Corrales, Daniela
Alonso Crespo, Nerea
Calviño Delgado, Zara
Cerqueiro Acuña, Noa
Estévez Acuña, Carmen
Fernández Calvar, Manuel
Freire González, Cayetana
García Araújo, Emma
Gil Villanueva, Victoria
González Bistín, Katty
Iglesias Sánchez, David
Lavandeira Viqueira, María
Lozano Veiga, María
Méndez Cortegoso, Claudia
Moreira Barreiro, Marcos
Paz Nistal, Elena
Torío Kniele, Elisabet
Tristán Aldao, Lucas
Vázquez Santaclara, Alba
Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 03-11-2020 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Para un día da poesía: 21 de marzo

Poesía é expresión de sentimentos en verso, con musicalidade e ritmo, procurando tal vez a beleza ao falar de emocións.

Sentir é isto:



Tamén pode ser isto:




Ou isto outro:



ACTIVIDADE POSTERIOR A ESCOITAR OS POEMAS:
Trata de descubrir que sentimentos e emocións chegaron a enchoupar a túa roupa de diario. Cales desas emocións expresadas nos tres poemas chegaron a ti? Cóntamo!
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 18-03-2020 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Imos crear un poema para a Paz


Imitando o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro imos crear o noso propio poema no Día da Paz:

Digo Viet Nam e basta
Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soia palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.


Viaxe ao país dos ananos 1968
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 29-01-2020 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
A DEBATE ESE 14 de febreiro!

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 13-02-2019 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Un refrán no día da PAZ
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 30-01-2019 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
O pergamiño Vindel espéranos en Vigo...

Seremos quen de saber por que é un tesouro?
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 18-02-2018 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
QUE A LINGUA TE ACOMPAÑE !

A nova saga de películas desta serie será protagonizada por Rosalía de Castro e vaise titular QUE A LINGUA TE ACOMPAÑE!
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 23-02-2016 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o día da estrea. Quen son e a onde irán?

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 23-02-2016 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Finalista nos concursos das Letras.

Mary Iglesias Schwarz vén de recibir o segundo Premio de poesía que convoca o Concello de Marín con motivo da celebración do Día das Letras Galegas do 2015 co poema Non o esquezo unha lembraza triste a unha vila suíza destruída pola guerra.

Tamén no Concurso do Ateneo Sta. Cecilia Marín Conta quedou finalista cun texto narrativo, neste caso, titulado Os camiños da avoa.

As lecturas destes textos se levarán a cabo o próximo 17 de maio no Museo Torres ás 12 horas e posteriormente,a organizada polo Ateneo, pouco despois na Alameda marinense. Esperemos que este recoñecemento a súa capacidade creativa sirva de alento para que siga escribindo no futuro e cultive e enriqueza coa súa produción o mundo das nosas letras.
Podedes ver unha reportaxe e algúns dos textos no blog da biblioteca
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 15-05-2015 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
BANDA DESEÑADA CON XOSÉ TOMÁS

Hoxe recibimos na aula a Xosé Tomás un dos máis destacados ilustradores e creadores de banda deseñada do momento. O obxectivo non era pequeno: un achegamento ao mundo do mal chamado cómic. Tivemos a oportunidade de saber proque esta palabra, cómic, non é a que mellor define á banda deseñada. Soubemos da importancia dos silencias nas tiras deseñadas, da versatilidade das viñetas, do uso dos globos e deltas, da importancia dos planos, da conexión da banda deseñada co mundo cine, de como escoller e ou construír personaxes. fíxonos varias recomendacións, aconsellounos de xeito práctico con múltiples debuxos realizados en directo, animounos a debuxar e a ser quen de tentar coller o lapis e dar forma a unha idea calquera, viu e comentou numerosas viñetas feitas por nós... pero, sobre todo, aprendemos que nós temos un gran potencial creativo que explorar e compartir.

Graciñas Xosé Tomás por tanto en tan breve tempo!!

Si, tamén estivo na Biblioteca onde, ademais de deixar un pequeno agasallo para todos nós, amosounos como foi e cales foron as claves dun longo e traballoso proceso creativo dunha das súas últimas producións titulada NÓMADES. Podedes ver unha reportaxe do seu paso polo centro no blog da Biblioteca de Secundaria.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 11-05-2015 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0