A estrutura do verbo debemos aprendela ben.Cóllenos nunha man:
PERSOAS: 1ª 2ª 3ª e tres formas non personais: Infinitivo, Xerundio e Participio.
NÚMERO: Singular/ Plural
MODOS: Indicativo, Subxuntivo e Imperativo.
TEMPOS: 6 en Indicativo, 3 en Subxuntivo 1 en Imperativo.
VOZ: Activa e Pasiva
COMO APRENDER A CONXUGAR UN VERBO REGULAR:
1º Aprendemos ben o nome dos tempos de cada modo:
-6 para o INDICATIVO:Presente, copretérito, pretérito, antepretérito, futuro e pospretérito.
-3 para o SUBXUNTIVO: Presente, pretérito e futuro.
- 1 para Imperativo: Presente
2º Logo estudamos cada tempo lendo un cadro coma o que podedes consultar aquí .
3º A seguir escribimos o verbo de memoria sen mirar a táboa.
4º Finalmente comprobamos onde fallamos ou dubidamos. Esas formas mal escritas serán as que temos que volver a repasar e escribir ata que nos saia ben.
Estudar os verbos é saber a estrutura da conxugación, é dicir, tempos e modos en cadansúa persoa e tato no singular coma no plural. Memorizala primeiro ben, logo tentar reproducila por escrito e ao escribila unha vez comprobado o que fallamos ou temos dúbidas, iso é o que debemos repasar e aprender ben, ata que non cometamos un só erro ao volver a facelo de memoria non cometamos, nin tan sequera nos tiles ou acentos gráficos tan importantes nos verbos.
Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":
Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.
CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:
1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)
2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).
3- Cando vai nunha interrogativa parcial ( cun pronome interrogativo) ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!
4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (alguén, algo, todos...) e adverbios ( só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara).
Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.