Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dia europeu das linguas.
Dia europeu das linguas.

26 de setembro dia europeu das linguas.

Neste ano como na mesma data de anos anteriores,celebrase,este día como lembranza de un elemento fundamental, de común ,individual e SOCIAL.

As linguas todas elas,desde as mais limitadas pero absolutamente de uso individual incuestionable,como e a lingua de signos ata calquera dos idiomas de expresión verbais mais ou menos extendidos ou falados,poñamos por caso o chinés e o ruso,teñen sempre un aspecto cuestionable polos humanos.

No caso que nos ocupa o galego falado en Galicia, e por extensión a medio mundo a traveso dunha variante recoñecida como e o portugués,e un claro exemplo de lingua que loita dia a dia por manterse viva e en uso.

Os ataques contra o galego son continuos e virulentos,desde o ambeto público e o ambeto privado.

O mais recente e a negativa a admitir unha tramitación dun expedente de Cambados, polo Servizo rexional do Ministerio de Transición Ecolóxica de Pontevedra,(por ser un documento técnico)!!! Ignorando todas e cada unha das disposicións legais ao respecto,sobre a oficialidade do galego en Galicia.

No ámbito privado a deturpación dos nomes locais do “Foro de la Toja”,ignorando nestes días o nome real e oficial desta illa A TOXA.(Artigo 10º da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística de Galicia).

Especialmente foran están as grandes superficies, como o LIDL,ou Alcampo,especialmente ausentes neste ponto.

Mas alén diso hai ataques continuos e organizados contra a lingua,baseados na suposta “libertade de eleición de lingua” ou contra a imposición do “galego”,argumentos desde logo insostibeis ;a antigua Galicia bilingüe, e agora con novo nome,mais do mesmo.

Hoxe como elemento de feito, chega ao 40% cifras pouco discutibeis, dos xovens que non usan o galego de forma cotiá.Isto e un dato e o resto son contos.

Por si fora pouco,excepto as duas canles da TVG,o resto das emisoras en Galicia,son totalmente alleas ao galego,non solo no uso diario senón ausentes de calquera programación galega,se isto non e imposición doutra lingua non galega que baixe Deus e o vexa.

O mesmo podese facer extensivo a outros medios de comunicación escritos e falados nomeadamente a radio.

Non podía quedar fora desta nominación, a actividade oficial da Xunta de Galicia nos distintos eidos,desde o “decreto do galego”,no eido do ensino,ata a falla de liderazgo cando non oposición a extensión/conservación da lingua.

Para rematar temos unha nova pedra no camiño,tal cal é as cadeas como Netflix e HBO,e outras, que emiten por internet de pago ou non,que son totalmente ausentes a incorporación do galego, ainda que for como subtítulos,como se está xestando a nova lei do audiovisual,en fin seguiremos con isto en mais días…..me temo que o xabarín foi devorado nun banquete!!!!.


Setembro 2021 ano pandémico.
Comentarios (0) - Categoría: Setembro 2021 ano pandemico - Publicado o 30-09-2021 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0