Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O DIA DESPOIS XA ESCOMENZOU
O DIA DESPOIS XA ESCOMENZOU

Coa que está caindo coa pandemia,e cos efectos que todos vamos coñecendo polos medios de comunicación ?cada vez mais incertos e cuestionados-,temos un avanzo de un xeito cruel do que vai ser o día despois.

Sería inocente pensar que todo vai seguir igual que antes,e atrevome a decir que sería un disparate se así for.


De entrada o Fondo Monetario Internacional,apañou a Ana Botín como asesora económica externa para situacions extraordinarias,con todo o que elo significa.

Angela Merkel anunciou que os estados membros,co gallo da pandemia poderán tomar medidas extraordinarias,con modificación das lexislacions dos estados que foran necesarias,entre elas a nacionalización de empresas iso si por un prazo máximo de seis anos?..?


Por mor da tempada de vrán e co gallo tamén de levantar un pouco as economías,estase a producir aceleradamente una desescalada con un certo descontrol e sen base de control epidemiolóxica,a nivel de Italia,Grecia,Francia;Alemaña,España, e Portugal?.as declaracions me remito.


Baltar en Ourense propón crear un comité do día despois?..


Pois bén alguns xa se adiantaron,tomando posicions,a Nissan en Barcelona,Alcoa na Mariña luguesa,con anuncios finalistas de peches SI ou Si, xa nos entra a seguinte pregunta ¿cales son a seguir ¿..podiamos facer una tese de doutoramento sobre o significado destas empresas,porén altamente subvencionadas polas distintas administracions,e da solidariedade do capital.


Para xá a conflictividade laboral está servida ¡!!!! ¿só a laboral ?...


A mais temos que o Xunta de Galicia,goberno Feixoo,acaba de por en exposición pública en plena pandemia,mais de 70 proxectos,que estaban no caixón aparcados pola oposición popular e parte institucional,entre eles os parques eólicos nas Serras do Galiñeiro e da Groba-por proximidade- .


Aquí en Morgadans,pensar que isto non nos vai a afectar,e un erro descomunal;por parte da entidade local,e do concello tiraronse as fotos de uns homes,desinfectando una rúa do bairro da Pedra,non sabemos se polo cheiro dos esgotos,e outra foto política, atribuindose,a reforma do Lago do Lapido,a antiga canteira que xa fora recuperada,na época de Urbano Esmerode ?a miñas espaldas-como se facían as cousas daquela, que a foto interesaba menos.

Queda a nivel de Morgadans e de muitas parroquias, o que se puxo de manifesto,a nulidade da rede de internet nesta entidade e neses lugares como xa temos denunciado,a imposibilidade material do uso desta tecnoloxía por falla absoluta de infraestructura.

Os lugares que xa non a tiñan non saben o que e iso, e os que a tiñamos terceiro mundista seguimos pior,e nos días de chuva mais.


Preguntome como imos facer para o novo curso escolar dos meniños,2020-2021,perante a inexistencia,deste soporte para as clases a distancia,que ao meu entender son para as vilas alí onde poida ter un bon servizo,fora de ahí nen ren.


Como snob,burla ,ou ,ocorrencia a do Alcalde de Gondomar,que sen soporte legal algún,mais ben ao contrario,celebrou un pleno telemático,aproveitandose desta situación,sustraendo a oposición o oportuno debate de fiscalización que lles corresponde,e a cidadanía de Gondomar a presenza,e decir foi un pleno parcial e a porta pechada,como nos mellores tempos?..sospeito que era isto xusto o que se buscaba.

Fisicamente coa debida separación,a fase legal así o permitía,mira que non había en Gondomar lugares onde facelo?..!

En fín noto a ve-las vir, a Entidade Local,e o actual equipo de goberno de Gondomar,que para ser tantos e cobrando oito dos membros o rendimento intelectual e material nesta pandemia e mínimo,salvo o fotográfico.

#Morgadans.

Comentarios (2) - Categoría: Maio 2020 ano da pandemia - Publicado o 31-05-2020 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0