Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O aillamento social premeditado.
O aillamento social premeditado.

Algunha vez temos falado neste foro,da incapacidade sobrevenida,a partires de certa edade,e de colectivos sociais de todo tipo.

Noutra altura,había unha exclusión social,asumida polos afectados-non sabian leer e/ou escribir- e por tanto eran analfabetos, e no mais baixo da escala social.

Hoxe as cousas foron a peor, ao meu ver,son cada vez mais abafantes as incapacidades funcionais promovidas polo estado por activa e pasiva,e recollidas de moi bon gosto por empresas privadas na medida que supoñen un aforro de custes de persoal.

Co pretexto,de superar a fenda dixital, o estado promoveu e promove,todo tipo de comunicacións a traveso dos aparellos,ordenadores,e similares,co grave impedimento que elo conleva para os idosos ou os que van camiño de selo,na práctica exclusión social, ou ter que acudir a "intermeiarios" para solventar este problema...angustia,incerteza etc.

Pensemos nun instante cantos cidadans dos millons que posúen o DNI,saben utilizar as funcionalidades do cartón plastico con chipe ou sen chipe ???.

Cantos cidadans quedaron arredados,polas entidades financieiras,ao serlles vedada a ·"cartilla" mal chamada de aforro para poder seguir as súas malparadas finanzas;nalguns xa nin existe,noutros tes que pagalas -e a que prezo!!!-

O alonxamento social que isto produce e manifesto.

Alen diso as propias disfuncionalidades da banca,xa que tes que acudir a o presto axudador,para salir do atoladeiro.

Non digamos o monto de irregularidades administrativas, de entidades públicas,obrigandote a apañar cita previa, para ser atendido,cando isto foron unhas medidas que se utilizaron de un xeito provisorio, e que agora esteñan gañando carta de permanencia con todos os atrancos que iso conleva incomodos para todos de todo tipo-teño que dar a razon neste ponto a alguns negacionistas do covid que decían que isto era un experimento social.-

Pois ben o tema para min non e laiarse senón eisixir,barullo e mais barullo,até o agotamento para reposición dos dereitos que nos corresponden como cidadans.

Veñen ahí unhas eleicions a volta da esquiña, que nos deberían permitir eisixir a os responsables que den conta e solven,esta deficiencia.

Mentras tanto a disfroitar do unico aparello electronico, que parez ser quen ninguén cuestiona A televisión ,en coor a ser posibel!!!.
Comentarios (0) - Categoría: Marzo 2023 - Publicado o 31-03-2023 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0