Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pensionistas enxergar o futuro
Pensionistas:enxergar o futuro.

Chegoume por un amigo a sentenza do Tribunal de Dereitos Humans de Estrasburgo sobre ,sobre a absolvición dos que foran condenados a penas de cárcere,pola queima de unhas fotografías do rei-hoxe rei emérito-.

Porén,fago un contraste do que me mandan,coa realidade,neste caso tamén o fixen,pero non me colleron o teléfono na Moncloa,así pois ao ser unha sentenza pública,tirei par adiante.

O tal tribunal condena de plano ao estado español por considerar que tales actos constituien unha manifestación do dereito a libertade de expresión,e que por tal non poden ser punidos.

Porén a miña reflexión non era esa,senón ao mal que o debe estar pasando o rei emérito,agora pensionista ????,xubilado ????,canto cobrará o pobre ???? subirianlle tamén o 0,26 %.???.

Eufemismos aparte o problema e outro, o acoso e derribo ao sistema de pensións tal e como o coñecemos por parte dos gobernos primeiro do PSOE,despois do PP, e tamén dos aspirantes a gobernantes de Ciudadanos,a prensa me remito,e a opinión popular sobre as percepcions económicas destes diputados,presentes e futuras,e outras regalías.

Non e certo a tal perigosidade do sistema de pensións,-afirmo rotundamente-está por demostrar,o que si e certo, e que as medidas con respecto a este sistema van polo de agora, a decrementar ostensibelmente as percepción dos pensionistas presentes e futuros,os presentes, via conxelación de percepcions,os futuros,mediante aumento da fasquía da idade a os 67 anos para a reforma,no aumento da fasquía do período de computo,e, de momento no 2019 a aplicación do coeficiente ponderador da esperanza/desesperanza de vida.

Coeficiente que se oculta teimosamente que supón de facto unha reducción,para os novos pensionistas.

Miña preocupación e ainda maior,porque e tal a intencionalidade neste ponto, que pronto os estómagos agradecidos e pagados dos que se sirven os defensores de esta tese,que indicarán que a saída está nos planos privados de pensións, ou a conversión de facto nun sistema de pensións privado ou semi-privado para ser expoliado con mais facilidade-Me remito a procesos como os mais brutais caso de Arxentina,(ou Chile un pouquiño menos doente),que conduciu a miseria a os pensionistas,-conversión en privado, expolio, e conversión outra vez en público-.

Neste caso dous factores comuns,a ausencia de culpabeis,non hai ninguén condenado, e a abundancia de perxudicados ¡os pensionistas !.(descoñezo neste momento o índice de suicidios daquela xente,son cifras que todos os gobernos ocultan).

Sen pretender ser alarmistas,senón coa descripción pura e dura dos feitos,non deixa de ser dramático a banalización da situación, a declaración do gobernador do Banco de España,sobre a propiedade da vivenda da maioría dos pensionistas como xustificativo da non necesidade de aumentar o valor das pensións,ou o engano manifesto do Ministro da Facenda de reducir o IRPF, a os maiores de certa edade -supoño que el incluído,ou a solemne declaración de Rajoy,"no hai dinero para pagar los aumentos"...seguro????

Preocupame que os pensionistas de Morgadans-que son moi serios,nunca faltan as citas médicas de POVISA- saian só a rúa na Ramallosa o día 17 de marzo as 12 da mañán,reivindicando apenas un acréscimo por riba do 0,26 %.

Non me chegarían 100 follas de este blogue,para expoñer de un xeito moi atinado e debullado polo miudo o que me bule na cabeza sobre o sistema da seguridade social,a súa destrucción e o anuncio do que estamos a enxergar.
Comentarios (0) - Categoría: Marzo 2018 - Publicado o 15-03-2018 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0