Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A corrupción e como o sarampo
A corrupción e como o sarampo

Embora puidera parecer extrano,hai unha certa correspondencia no titulo,o sarampo, unha doenza vírica,e ainda que se fixeran multiplas campañas de vacinación,de cando en vez,da uns surtos notabeis,que poucos se explican,pois ca corrupción acontece o mesmo,houbo no concello de Gondomar uns notabeis casos desta orde,que remataron cas oportunas condeas,a os medios de prensa me remito a tamén ao vox populi;todos pensamos que aquilo actuara como vacina,para todos?..vaiche boa.

Leio no xornal de hoxe que o actual rexedor de Gondomar,pertenecente ao PSOE,meteu a man na Caixa,algo xa me sonaba porque me chegaron ventos de acó e dacolá sobre o tema, e non din crédito.( http://www.farodevigo.es/comarcas/2018/03/20/polemica-bipartito-gondomar-cobro-desplazamientos/1858050.

Os feitos de fondo e que en Gondomar,tres forzas políticas,todas elas en minoría fixeron uns pactos de goberno,combinaron,facer alcalde Francisco Ferreira,non sen muito barullo, porque o alcaldable en cuestión,quería unhas retribucions fora de lugar,e que foron limitadas a unha cantidade nada despreciable por certo de uns 38000 euros.

Este acordo formaba parte da política de transparencia económica na xestión pública do concello, e así figuraba nos programas de dúas das formacions políticas-non da do PSOE,salvo error-,este era un ponto fulcral no documento asinado en xuño do ano 2015.

En menos de un ano o primeiro prócer, xa estaba de volta a pedir una subida nos seus emolumentos,do orden do 20 %,obviamente ninguén lle aprobou tal disparate,nen os colegas de goberno nen a oposición.

Sen chegar a calificar a este home como avarento,-da miña ideia-,o certo e que se buscou unha solución digamos "creativa",como non podía ser menos,para encher ese valeiro económino,e o seu peto,a cargo das arcas públicas obviamente.


Ocurriuselle pasar dietas,quilómetros e outras regalías,dentro do concello de Gondomar,conducta por demais PROHIBIDA pola normativa reguladora.( RD 462/2002 ?sobre indemnizacions por razón do servizo, para seu devengo".).

E tamén como non podía ser menos nos dislocamentos fora do concello-estas con un tratamento diferente-

Ver maiss en: https://www.20minutos.es/noticia/2319529/0/declaran-como-imputados-por-presunta-malversacion-alcalde-concejales-pp-guardia/#xtor=AD-15&xts=467263

A maiores ?el pavo-como diría Oscar un rapaz aquí veciño non xustificaba absolutamente nada perante o concello,das cantidades que levantaba todos os meses,e que iba para o seu peculio,procedente das arcas públicas.

E preciso indicar para os profanos na materia,que e necesario xustificar,que en materia de dietas lexítimas
-o motivo,causa do gasto
-a realización de onde se empregou
-e o xustificante ou xustificantes de tales diñeiros.

Pero este home debeu considerar que estaba por riba do ben e do mal,e que iso de xustificar ,ou tirar ese diñeiro, nesas cantidades era una parvoice.

Non contento con iso acudiu ao fondo social do concello a ?completar o levantado?,con recursos destinados só a os funcionarios.

E así mes a mes;esta conducta non pasou sen ser detectada por evidente,e a intervención municipal ,( http://www.lasprovincias.es/politica/condenan-exalcalde-gatova-20171210003542-ntvo.html ), puxolle reparos mes a mes,de un xeito continuado, indicando a prohibición de facelo.

Creen vostedes que iso serviu para algo? Quiaaaa. Xa todo animado mes a mes ,e,tamén como non podía ser menos,adicouse el sosiño, e soio él,a levantarse o seu reparo,a oposición da intervención, a todas e cada una das negativas de apropiación.

Neste ponto, eu non daba crédito a elo, e acudín a mais a páxina web ou blogue do interfecto,para ollar,se albiscaba,non soio explicación,senón algún xustificativo,o certo e que atopei una cheia de fotografías do prócer,mas ninguna dela asinando en documento público dos auto levantamentos de reparo.

E de sinalar,que era público e notorio esta conducta,por parte de TODOS os que compoñen a corporación municipal,poisque mes a mes figuraban-según me din-nas actas estos reparos,avisos prohibicions da intervención.
(PP e IxG mutis por el forro en roman paladino).

O certo e que os compañeiros do grupo de goberno de Manifesto Miñor,xente traballadora onde as haxa,e sen tanta fotografía nos seus blogues,( http://minhor.gal/carta-alcalde/ ) decataronse desta conducta impropia de un alcalde,do PSOE,tentaron dende hai un ano manter unha reunión para aclarar esta situación,tendo a calada por resposta,e eludindo o tema por parte de Francisco Ferreira do PSOE.

A conclusión e obvia,ora so cabía falar co crego de San Bento para que fora a confesar ao Alcalde,ora, de un xeito formal e por rexistro do Concello,presentar escrito, afeandolle a conducta,e intimandoio, a devolver lo apropiado ilexitimamente,vamostodo o que tirou da Caixa para ser claros.

O certo e que todo sorridente-segundo as fotografías do seu blogue-lonxe de facer isto,pasa a acusar a o resto do persoal,a indicar que ?todos fan o mesmo?,non se pode actuar de ?outro xeito?,por tanto a norma sobra e está feita para outros e non para EL,que os demais practican a demagoxia,e autocalificándose de honesto e humilde,?sic ,e decir dispersando culpas propias sobre persoas e partidos do seu interese,e sublimándose cos calificativos ,xa citados,HONESTO,HUMILDE TRABALLADOR?.

Din que este home é avogado,seica,eu non o discuto,si e avogado ou avogado da silveira,polo tanto haberá de saber que ao menos cometeu dous delictos, e unha falta administrativa,segundo me din os entendidos.

Porén a pesar de ser convicto e confeso,segundo as declaracions que fixo a xornalista ,haberá que ter presunción de inocencia,antes de que o asunto chegue ao fiscal,cabe indicar que todos os alcaldes condenados por esta conducta,sempre dixeron o mesmo,eso si foron condenados e tiveron que devolver o furtado.

Preguntome cantos cidadans de Morgadans,necesitados ,poderían ter sido acudidos, se puidesen dispor de una minima cantidade do que foi levantaddas arcas públicas de todos e ainda non devolto.

Unha vez posto en causa con esta fazaña,tamén me pregunto si con esa moralidade económica do Sr.Alcalde,que forza se pode ter noutros ámbetos para levar adiante a política municipal desde a posición de goberno.

Xurden muitas dúbidas que quedan para próximos capítulos,en particular os relativos ao camiño até o cadro de honra do saqueio e desfalco.( http://www.rebelion.org/noticia.php?id=238664 ).


ULTIMA HORA:
Me comunican que o Sr.Alcalde tirou o coche da concellalía de Asuntos Sociais,para seu uso pesoal,e conducido por el mesmo,carro que fora adquirido en base ao "Plano Concello da Diputación" para a concellalía de Benestar Social.
Quero creer que se trata de un erro visual,poisque este carro novo levaba as pegatinas da concellalía,e agora non as tén,?.será que a partir de agora levará as pegatinas de ?Alcaldía?
Comentarios (0) - Categoría: Marzo 2018 - Publicado o 21-03-2018 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0