A subela do xabarda
¿Cal e o teu cabalo?O día oito de setembro do ano 2007 celebrouse a sesión extraordinaria para a constitución da
Entidade Local Menor de Morgadans,e alí estabamos todos Urbano Esmerode,Jesus Salgueiro e Humberto Torrado polo PP,Xaime Lugilde polo
BNG e Adolfo Gonzalez polo PSOE,todos con galas para tal especial ocasión iso sí lucían distintas.
¿Que por que se constituiu tan tarde?Pois moi simples seica o do Bloque,non ten casa aberta por mais de 15 anos e a súa chimenea non fumegou por ese tempo,ao menos iso dixeron os do Move que certamente quedaron fora.
¿Que aconteceu despois? moi sinxelo que o presidente electo-Urbano-fixo unhas declaracions na
Voz de Galicia en Vigo do día 09-09-2007 área Metropolitana donde declaraba que "Unha parroquia de Gondomar aspira a contar con un plan urbanístico propio" eso sí inspirado polo seu mentor o ex-alcalde Carlos Silva,o simpático do caso e que o actual presidente non e novo no asunto,xa que estaba como vogal na mesma entidade co equipo do Marcelino, e co anterior tamén do PP, e dicir cos que levababan xa 16 anos ao frente da entidade,-con distintos plans-e que certamente non apontan o descalabro que fixeron precisamente en Morgadans,por San Roque,Velosa Gulfar e a Batizosa que tivo como resultado o enfrentamento dos veciños e incluso,o estar baixo do dente do equipo de mais de un e unha.
Mellor estaría falar claramente,non se pode enganar os veciños,porque a competencia de ordenación de Morgadans e do Concello, e segundo decir cal foi a experiencia anterior do PP,un descalabro parado a tempo e precisamente polos propios veciños, eso si sen decir para nada os intereses economicamente ocultos que estaban detrás de todo.
A primeira na frente-digo Eu-,o dous de outubro convocouse sesión extraordinaria da Entidade.
¿Sabedes cal era a presa do extraordinario?, pois as "pelas", era tema económico fundamentalmente,como non podía ser menos,dietas,compensacions etc etc.
¿sabedes que aconteceu precisamente uns días antes no
Concello de Gondomar?,pois que non había forma de aprobar os soldos os concelleiros electos do BNG,obviamente o PP aplicaba distinta vara de medir no Concello e na Entidade.
O simpático do caso non queda aquí,resulta que aprobouse por rolo que a Sociedade Electrica de Tuy,SA,instale unha torre metálica de alta tensión na Brulla de Prado unha liña de 51 metros de longo,cruzando o monte comunal,e sabedes cal era a documentación xustificativa,unha fotocopia do plano da zona!!!!,todo elo despois de decirlles que o
plano urbanístico está parado,e que para unha simple instalación doméstica fai falla bastante mais documentación que esa,e certamente quedaron lediciosos da "fazaña".O do BNG dixo que non por suposto nesas condicions.