Digo que non saio de min,acabo de vir da Xunta Veciñal da Entidade
Local Menor de Morgadans,donde se acaba de aprobar que a Telefónica-Moviestar, instale unha antena de trinta metros de altura, no adro da
Igrexa de San Xose de Prado,-por certo esta vez con foto e todo-.
Pois ben acordaron estes
?vogais?, que por un prezo de 30.000 euros ?¡mais Iva home!-_e durante quince anos,poidase instalar o pincho da antena.
Como xustificación non podía ser outra,o
?benestar? dos veciños de Vilas e Prado, e por outra ¡
ten que ser alí ! pois seica os trebellos que trouxeron os da Telefónica din que o adro da igrexa e o mellor lugar,pois senón os de Vilas ná de ná.
E ademais como xa pasan unhas
torretas de alta tensión por alí, que
unha mais non importa-(isto escribirono na convocatoria non e broma, mc,mc,mc,mc - Nota: mc significa manda carallo-)Total ¿para que? se xa está deprezado o patrimonio cultural e paisaxístico ,unha mais non fai mal.
Alí estaba,o Sr.Lugilde ,-o do BNG-,todo o pedagóxico que a situación requería,dando razóns e mais razóns,mirade que non hai por que poñer aló nada que hai outros sitios,que pode haber problemas cas
radiacions, que ata os Santos podense queixar, e ¡ iso e cousa moi seria !,-terán que queixarse os santos digo eu porque o que é o cura non sabemos nen donde está- que a igrexa de Prado
está catalogada como ben no
patrimonio galego,¡que non pode ser alí! , ademais mozos estades
vendendo o terreo por unha esmola, a os de Vincios deronlles 6000 euros por ano.
Total ao final o rolo, o PP
votou a favor, o do PSOE
ainda non cambiou o paso-non se entera que vai a haber
pacto-e o do BNG
quedou sosiño en contra para non variar.
En fin digo eu que en todo Prado non haberá outro lugar donde espetar esa antena.
Ou pensando ben será que os do PP querrán ampliar o
WIFI de Silva de Gondomar do 80% ao 100%, daranse conta agora a Prado era o 20% que lle faltaba ,¿non vos lembrades disto?
Pois nada que colleron os 35.000 euros e foronse para o bar-e certo-
Próximo capitulo ¿Dónde se gastaron os 35.000 euros?.¿Como estará o cabrito a brasa na edición 2008?
Morgadans 25 de xaneiro do 2008.
1(1) Avelosa, Baralla, Batizosa, Camiño Branco, Carballás, Carballeiras, Entreviñas, Xende, Gonde, Guillufe, Hervillás, Lago, Murxido, Padróns, Picouso, Pedra, Prado, San Roque, Vilas e Viñó
^