 A comunicación e o presente e futuro para o galego: nóstelevisión.
Non podía rematarse o ano sen facer un balanzo dos acontecimentos deste 2019,e carreira no novo 2020,para os que poidan velo.
E moi fácil semella apañar os xornais desta Galiza e facer una escolma do mais senlleiro,e poñelo un após outro,e teríamos así una simple compilación do acontecido,mais o menos deturpado en función da ideoloxía do xornal dominante,e por tanto digamos-subvencionado-
Fracasado o golpe de estado na Venezuela, co títere Guaidó, axente da CIA e deixado a un lado o innominado golpe de estado na Bolivia contra Evo Morales e seus indíxenas,podíamos ir a outro ponto mais local, a nula actuación da Xunta de Galicia, e da propia Entidade Local Menor, na restauración dos montes de Morgadáns,pasando iso sí pola paiasada do alcalde de Vigo cos temas da iluminación, até que se lle fundan os plomos.
Porén para min este ano non foi tanto as novas, senón o medio,e dous son os aspectos,por un sinalar, a laboura de nóstelevisión,de una aposta continua a prol de Galicia,con una obxectividade envidiabel,e por outra o nacimento nuns días do novo xornal diario galego.
https://nostelevision.gal/sobre-nos/ se ofrece totalmente en galego, na grella do operador telefónico R, e tamén pode ser parcialmente vista por internet nesta ligazón.
Infelizmente non e posible sintonizala en Morgadáns ou Gondomar, fora do indicado.
Con respecto ao novo xornal galego http://www.extradigital.es/nos-diario-o-novo-xornal-galego/ presentase xá.
Ambolos dous con una aposta firme e sen reservas polo galego e a nosa terra.
Feliz ano a todos,e a celebrar o anovello.
|