 LULA DA SILVA LIBERTAÇAO
Hoxe nove de novembro tamos na véspora das eleiccions xerais do ano 2019,as inquisas flutuan no ar,e o nacionalismo galego,parez ter a coxa partida,haberá que operalo,se as urnas non o remedian.
Porén a nova mais importante de hoxe e sen dúbida a posta en liberdade,do traballista e expresidente do Brasil Lula da Silva,imputado e condenado entre outras na operación lava-jato.
Podese dubidar muito ou pouco da realeza dos cárregos polos que foi xulgado e condeado,mas non ten a menor dúbida que o proceso, careceu de tódalas garantías posíbeis, desde os xuices,os fiscais,a falta de respeito nos tempos procesuais, falsas escutas,probas amañadas e aceitadas polos tribunais,e outras lindezas, que a simples vista demostraban unha intensa aceleración por condenar ao traballista,e a toda ideoloxía que él significaba como cabeza visíbel do Partido dos Traballadores do Brasil.
Agora o Tribunal Constitucional do Brasil,ven de por as cousas no seu sitio, por seis votos contra cinco,non sei realmente se por vergoña no propio país e fora,ou por convencimento.
O certo e que para a esquerda e o progresismo no Brasil e en todo mundo e unha vitoria a celebrar,porque co carcelamento deste líder,a oposición estaba en horas fracas.
Embora isto fora así o actual presidente o mais dereitoso nas derradeiras décadas,xa mandou novamente a os tribunais, novas ?probas?,que invitan a un novo procesamento do líder e loitador polas libertades.
En termos de libertades non debemos esquecer,que ao igual que na España que vivimos, onde se nos dotou de una Constitución vixiada,no Brasil,desde Janio Quadros,pasando por Joao Goulart,e o golpe de estado subseguinte con intervención directa dos USA,non ten por decilo así de claro, unha democracia establecida,os poderes dos terratenentes e do alto capital e certamente inmenso-vexanse as derradeiras eleicións, e o arrase de Bolsonaro-.
Lóxicamente ven a miña mente un pensamento a mais,sabemos todos que de Morgadans para Uruguai,houbo una inxente poboación emigrante,por iso eu cando falo dos lugares de Morgadans sempre engado Uruguai como un lugar mais?pois ven poñome a pensar se a emigracióin a Uruguai, non tivo lugar salvo alguna excepción que coñezo,era porque sabían perfectamente o que pasaba no Brasil??..
https://www.youtube.com/watch?v=eYXsHGFeJng
Até a prouxima.
|