 O patamar está alto.NOS
Aquém do mundo local,Morgadans,toca sinalar hoxe novas do alén mas con influencia global.
Teño un bo amigo e coñecido de muitas coisas,que sempre manexa este argumento,non se explica como habendo en Galicia,sindicatos de clase,compostos por traballadores preocupados polo seu mundo laboral,como habendo distintas organizacions e actuacións programáticas de toda orde relativas a lingua e cultura galega,e pensamento, non fomos quen de producir e manter un xornal galego,entre outras cousas.
Semella que o patamar está un pouco alto,pero todos os listóns ,os niveis,son para iso sobrepasalos, en altura ou horizontal.
Pois ben hoxe saiu a luz o número cero do xornal diario NÓS, en en formato papel,en formato dixital está presente todolos días do ano.
O promotor e dono da cabeceira do xornal e Sermos Galiza SA-,que escomezaron esta andaina no ano 2017,xa con un xornal semanal,e con experiencia probada.
Presentado na na Feira das Industrias Culturais da Galiza (Culturgal) ,hoxe en Pontevedra.
No seu contido, e palmario,que vai a ter una liña un pouco mais obxectiva do que estamos acostumados nesta Galiza,que aponta ao factor de calidade periodística,cun pouco de bon traballo pode ser una referencia importante para todos.
Daquí a un ano imos ver entre outras cousas,o tratamento quen van dar económicamente a Xunta de Galicia,a este xornal fronte a outros voceiros que non vou a calificar de oficialistas como o Faro de Vigo,Voz de Galicia, Atlántico,La Región,El Progreso, etc.
Por de pronto e para xá desexar una boa travesía,e desexar un bo número de apoiantes nos que de primeiras voume a atopar,e aconsellar a os meus círculos,?.ollo que tamén apoio, o viño,o leite,os chourizos, o queixo galego.
Cumprimentos a todos e até a prouxima.
Nota a imaxe corresponde ao número cero do xornal.
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nos-diario-anticipa-petisco-seu-cultural/20191129212433087607.html
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nos-diario-nome-do-xornal-papel-impulsa-sermos-galiza/20190503231858079063.html
https://v2.culturgal.com/programa
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=155138
|