Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fiquei de queixo caído
Fiquei de queixo caído.

O pasado día 19 de outubro,celebrouse o Día Mundial contra o Cancro de Mama,doenza que non apañada a tempo fai estragos nas mulleres,e ainda sendo tratado pode deixar restos irreparabeis.

Pois ben,está un tan afeito a os días ,internacionais ou mundiais que de certo xeito pode quedar un desincentivado ou interesado precisamente polo seu exceso?.?

Estes días Mundiais ou internacionais, saen da ONU, a traveso das súas organizacions que son as que dictan as resolucions que os recoñecen, alén diso hai tamen outro tipo de días ofrecidos as sociedades, como sensibilización e que tamén teñen o seu valor real .

Non e sorpresa reparar que hai mais días a celebrar que días ten o ano,bastantes mais.E por se for pouco,tamén hai semáns,internacionais,e meses,bon por min que non sexa,xa que dalgún xeito as motivacions que suxacen son sempre por causa dun problema non resoluto.

De un xeito concreto e salvando a magnitude de escala, o día 16 de novembro do ano 2019 as 20,00 horas nas escolas de Guillufe en Morgadans,temos a entrega de premios Victoriano Taibo como todos os anos.

Ou tamén o día da Restauración da memoria lingüistca de Galicia.

A miña curiosidade non ficou ahí,tentei especialmente buscar en todas esas celebracións unha, quer a mín particularmente me interesaba,e o fondo do asunto e de rabiosa actualidade;estamos a ollar como o pobo catalán foi impedido da celebración de un referendo nun primeiro de outubro -práctica democrática colectiva-.

Estamos a ollar como polo alto tribunal do estado español,dictase una sentenza política,contra unha posición política de unha parte importante dos seus dirixentes.

Estamos a ollar como se ignora nos medios públicos e privados as protestas pacíficas,contra esta resolución, e se magnifica-torticeiramente- incidentes que non teñen o menor alcance e que ninguén desexa,manipulación chamaselle a esto,dandoselle incluso chance a posicions viscerais,antidemocráticas,e irracionais,baixo a palabra ?españa?.

Embora isto seña así non vexo manifestacions masivas contra a corrupción que decorre por este país de pandereta,simplesmente non interesa.

Pois ben fiquei co queixo caído,cando no relatorio de días semanas e meses, non atopei nada contra a corrupción.

Será que non chega un día,unha semana ou un mes?.! Pois ben eu propoño o ano contra a corrupción?e que sexa permanente?. Escribirei a ONU coa miña proposta.




Comentarios (0) - Categoría: Outubro 2019 - Publicado o 30-10-2019 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0