Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CORRUPCION EN MORGADANS
Olá Laureano,Bon día ¡

Bon día Sr. Xabarda!, parece que ese carballo está duro para cair!.

Certo, mais non o vou a tirar sou vou coller unas ponlas,xa que penso que non hai problema que non se arregle cunhas boas vereas de carballo.

Sospeito polo seu ton ao falar Sr. Xabarda que me vai a comentar da corrupción en Gondomar.

De corrupción si! de Gondomar sí! pero non moi lonxe de ti,mira nas túas costas e verás que penso só na Entidade Local Menor de Morgadans.

Pouco mais te podo comentar que o que xa leiches nos panfletos do BNG, que están a correr estes días por toda a parroquia,levamos ano e medio sen un pleno da Xunta Veciñal na entidade,feito que foi xa denunciado en distintas ocasions públicamente.

Hai menos dun mes fixose una homenaxe a profesora que o merecía pola súa adicación a Morgadans, pero como muitos de vos dixestedes, ese homenaxe podíase ter feito hai un ano, agora ou dentro de otro ano,parece que o que se pretendía era celebrar o festin en campaña preelectoral.. pero eso sí para iso facía falla o voto do BNG, e o coñecemento de esta xente, non vaia a ser que acusaran a presidencia da entidade de tirar o diñeiro ou de xogar cos vellos e pensionistas ¡!!

Bon Sr.Xabarda non tan vellos estaban por alí, porque eu vino a vostede con alguna xente nova.Pois claro Laureano, e tomei un vaso de viño tinto da Comisión de Festas, porque considero xusto a homenaxe,pero non a manipulación das persoas.

Pero Laureano, ese e un tema menor,como ti sabes na Entidade Local, as derradeiras contas ?aprobadas?, co meu voto en contra, FORON AS DO ANO 2006, e isto fixose no ano 2008, e decir dous anos despois,as contas a todos os efectos foron as Contas do Gran Capitán.

Der orzamentos nin falar do tema, o derradeiro presentado fixose no ano 2009,e era para estar vixente NO ANO 2008, isto non hai por donde collelo.

No ano 2009, non hai orzamento, no ano 2010, non hai orzamento, no ano 2011, agora neste momento xa tiña que estar aprobado para empezar a utilizarse o primeiro de xaneiro do ano 2011.

Vamos Sr. Xabarda quereme decir vostede, que non sabe canto gaña o Presidente Sr. Urbano, quereme decir vostede que non sabe canto gaña o Secretario,quereme decir vostede que non sabe cantos son os gastos da entidade, quereme decir vostede
que non sabe porqué se gastaron 6000 euros en fotocopias,quereme decir vostede porqué os montes están relados de piñeiros e eucaliptos, a tala-rasa, quereme decir vostede que non sabe canto pagan as canteiras estean legais ou non,e quereme decir vostede segundo leín na prensa anteonte que lle ocultaron a partida de 121000 euros do desgoberno dos tránsfugas do Concello de Gondomar, que foi librada o 10 de marzo do ano 2010.

Pois sí Laureano, e ainda te quedas corto, porque non se ven obras por ningures,non sabemos ?oficialmente?, donde está a excavadora que se nos endosou pola Diputación no ano 2008-xa che falarei nalgún momento deste trapicheo con todo luxo de detalles?

Eu creolle Sr. Xabarda porque me consta que e vostede o home mais informado de todo Morgadans.

Si Laureano,pero non son eu o que debo dar as explicacions de todo esto,ti dixechesme mais de una vez que noutras etapas polo menos facianse lavadoiros para Morgadans, algo se veía,pero eu so neste momento queroche facer una pregunta, se ti estiveras no Concello de Gondomar, ¿darías un pataco a estes irresponsables?.

So te podo decir que por parte da fiscalía entendeuse doadamente o problema, o resultado veremolo dentro de catro anos, una vez que transcurran todos os recursos posibles.

Por certo Laureano, pensas que este vergallo de carballo chegará ou precisarase de outro maior.?

19 de outubro do ano 2010
CORRUPCION EN MORGADANSCORRUPCION EN MORGADANS !
Comentarios (1) - Categoría: Corrupcion en Morgadans - Publicado o 21-10-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0