O BATER CON A LINGUA OS DENTES
O bater dos dentes son ao meu ver unha manifestación física de medo ou no seu caso de moito frio,alén de calquer enfermidade física ou nervosa,por suposto tamén cando un debe ter a lingua calada .
Neste caso que nos ocupa mais ben non é pola friaxe,embora pola magnitude do que o persoal pense un pouquiño e xa non me atrevo a decir que actúe en consecuencia.
Sen ser una esfarrapada vou por alguns enunciados –problemáticos todos eles- ;di o titular de un periódico económico que consulto con certa frecuencia.”O lixo vai subir caseque 30 % para cumplir ca nova Lei de lixo” .(La basura subirá casi un 30% para cumplir con la nueva Ley de residuos - el Economista.es ) vou dar algunhas pistas para nalizar isto,a recollida actual en Morgadans está adaptada a nova lei ? .
O actual contrato de recollida do lixo vai ficar igual ¿? .
De canto vai ser o aumento mais do 30% ?¿.
Aproveitando o rio revolto vanse meter novas modificacions ao contrato ¿?.
Quen vai pagar estas subidas descomunais¿?.
A factura que pagan a os concellos as empresas privatizadas a este traballo,son catro cadelas ou pola contra supoñen unha partida das mais im portantes no concello de Gondomar?¿.
Mentras pensamos na solución sen que estoupe a cachola,imos con un pensamento en alto,alguén definiu a eses individuos-individuas como "rouba vacinas" ,quer dicer son suxeitos que formalmente,ostentan cargos públicos,en certa medida e formalmente ostentan una partilla da soberanía popular,e como tal denominación deberían dar exemplo supostamente.
Porén non dudan nen dubidaron en saltarse os protocolos de vacinación e poñerse eles mesmos o remedio coas maiores disculpas que te podes imaxiñar .
Aquí hai de todos os partidos PP,PSOE,sindicatos,e até a igrexa con dous Bispos ao fronte ,e como non podía ser menos a cima militar-falta saber se a casa real como se lle dí está metida no allo.
Pais de corruptos onde os haxa,as dimisions destes tipos son mínimas,as disculpas máximas.
Pero non entendedes que poñervos a cabeza estades tirando a vida de alguén.¿?
E vou por un problema a xeito de exercicio mental maior e que vai con toda a intencionalidade.A UE co gallo de limitar os efectos do COVID-19,e lanzar a economía dos membros,creou entre outros-2 fundos- os fundos de recuperación no programa NEXT GENERATION.
Isto quer dicer na práctica una pipa de masa en euros,140.000 millons de euros,que non sabemos nen contalos,iso sí corresponde a cada estado o REPARTO desta pasta,no noso caso as CC.AA non teñen a disposición directa desde diñeiro.
Embora isto e así xa van catro CC.AA,co diñeiro adxudicado.
De inmediato xurde a absoluta opacidade,cando non ocultamento,no que vai do reparto,comenzando pola discusión e aprobación da lei nas cortes.
O problema está en curso,como dato interesante aconsello consultar ao Goberno Vasco para ter unha idea simple de que partidas ou proxectos encaixarían,...realmente curiosos. Mas a miña pregunta e esta, onde os proxectos galegos a presentar ao goberno e a UE?¿,van a ser a base de eucaliptos e ventoiñas….¿? ou subsidiar a casinos,casas de xogos,e maquinas tragamoedas ¿?.
A teor das primeiras xentes sensibilizadas con este grave problema,xa tomaron posición,Repsol,El Corte Ingles,Coren,Naturgy,Grupo Agbar,Telefónica,Ferrovial,Air Europa,Cepsa,Endesa,Iberdrola,ACS,Greenalia,Ence, Inditex,Acciona,todas elas granades benefactoras do pobo galego-iso si mediante precio-
A soberanía popular quedalle moito por andar…!!!Até a próxima ,guarda chuva que chove….!!!
|