O conto de nunca acabar,e o tema do transporte por e hacia Gondomar/Morgadans,e un problema que sofrimos
todos por moito tempo e polo camiño que leva será por un pouco mais senón lle poñemos coto.A inactividade da Consellería de Transportes e manifesta,con ocasións postas "a plancha" para solucionar o problema-constame por notoriedade que os responsables directos do ramo na Consellería, non sabían ren do que se lles estaba a falar nas derradeiras entrevistas,nembargantes tamén me consta que se deron unha presa inusual na hora de autorizar o traspaso da concesión de unha empresa para outra antes de fin de ano 2007, como se for un trámite calquera-gostaríame que se tivera esa lixeireza para outras cousas-
Os de dentro xa coñecemos o problema, nas súas distintas versións,paro os de fora o resumo,o tema e que o transporte de viaxeiros Gondomar-Vigo e viceversa,está concedido a ATSA e a Melytur, respectivamente,con distintas rotas,e distintos horarios.até aquí podíase pensar que esto era marabilloso e que polo tanto estamos moi ben servidos pero o certo non e eso, ¡ Ah ! o problema está que ningún pasaxeiro que tome por exemplo o bus de ATSA na estación de buses de Vigo, ou mesmo na Gran Vía de Vigo, pode chegar até a estación de buses de Gondomar, vai ser encostado
ao pé do cruceiro de Mañufe,tendo que seguir a pé o resto do camiño até donde vaia, e ademais non poderá colle-lo mesmo bus incluso pagando para ir dende o cruceiro até o centro da vila ¿?,si non vos riades que a cousa e de risa.
A todo esto lembrome dunha anecdota,que lle aconteceu ao meu amigo Mohamed,un día dixenlle ¿Queres cortarme a herba do céspede aló na casa? ¡ pois si non teño nada que facer !,e colleu o bus e chegouse a Gondomar, e cando alí veu,recollino moi enfadado, e largoume ¡
mira botáronme do autobús alí detras, que racistas sodes eiquí,que racistas sodes !-O Mohamed e negro coma o carbón-, e dixenlle non te enfades home a mín botanme tamén e eu son braquiño comoa o leite.
Anecdotas-reais - aparte o certo e que se levan dados pasos claramente encamiñados a solucionar dunha ou doutra o problema,un dos pasos serios foi a
toma do bus de ATSA o 1 de
decembro do ano
2007,como un aviso.
Outro paso por demais
importante foi a recollida de mais de tres mil sinaturas-
manifesto dos 3000- en Gondomar e bisbarra,que
foron presentadas a prensa hoxe día 23 de febreiro do ano 2008, para ser entregues a Consellería de Política Territorial e Obras Públicas,alí estaban unha representación destes veciños e colectivos explicando os
reporteiros o problema e os actos a levar,e asemade manifestando o seu enfado co tratamento que nos dan as empresas.
.Nin que decir ten que o traballo deste colectivo de veciños/ñas de Gondomar e bisbarra,non e novo, ten que ter a noso apoio continuado cara a conseguir que o transporte público esté acorde a os tempos que corremos, abundante, eficiente, de calidade, e interese dos veciños, consumidores, usuarios e calquer outro calificativo que nos queiramos poñer,menos idiotas ou resignados e Consellería de Política Territorial e seus próceres deixen de quentar a cadeira, e se poñan a solucionar o problema,e por suposto alonxándose de calquer solución indemnizatoria para as empresas,pobriñas,¡ hai que indemnizalas quitandolles a concesión ! -no meu caso particular so entendo unha posible indemnización,e,somentes pasaría se a Consellería me indemniza a min como usuario sofridor , poñendome un taxi ao pe da porta, por menos deso non paso.