 O aguillón de xabarda
Mais da Entidade Local;o día vintetrés de novembro do 2007,convocouse xunta ordinaria na ELM de Morgadans, entre outras cousas con dous pontos na orde do día que non teñen desperdicio.
Un deles era a proposta do Partido Popular de trasladar o actual emplazamento da sede da entidade desde o barrio da Pedra en Gonda ata a escola de Guillufe ,baseado en motivos de amplitude,comodidade,espazos valeiros na escola,centricidade etc,o resultado foi esperpéntico,unha morea de veciños todos eles de motu propio acudiron ao pleno para impedir tal disparate,e todos a unha voz acertadamente indicaron que o prestixio das institucions fano os homes que as ocupan non as pedras que lle dan cobertura.
O simpatico do caso e que a Escola de Morgadans en Guillufe, e un ben claramente donado polos emigrados na América, que entenderon no seu día acertadamente que mediante a cultura e o coñecimento evitaría o dislocamento e emigración que eles sofriron,por tanto a vontade dos donantes está claramente vinculada a Escola e actividades semellantes pero de ningún xeito a actividades político administrativas,así fixeronllo entender a os do PP no pleno.
Por outra banda a Entidade Local,certamente debido a política municipal do PP na entidade e no propio Concello,nos derradeiros anos,non ten actividade propia que xenere a necesidade de un metro cadrado de mais para este uso, certamente de seguir así pode botar cen anos mais donde está porque incluso sobraralle.
Nembargantes o conflicto estivo servido pola inexperiencia do actual equipo de goberno do PP,promentendo falsamente a os de Guillufe e areas próximas que ían estar mellor deste xeito, e creando un conflicto innecesario cos de Gonda,ao anunciarlles realmente como feito consumado o traslado,tan certo é que o tema fixose con toda oscuridade e sen a mais mínima consulta veciñal.
O BNG constame que tivo unha oposición frontal neste tema sen nengún tipo de reservas ou condicions a sé debe quedar donde está en todo caso ampliar instalacions até a casa da Pedra,pero desde logo hoxe NON é obxectivo prioritario para ninguén en Morgadans tal traslado.
O simpático do caso e que ademais a presidencia do PP propoñía cambia-la subvención de 6000 euros concedida para o actual local,-construcción do porche- para o ?arranxo?das dependencias da 2ª planta. A nosa pregunta é pero ¿como se iba cambiar unha subvención concedida e vinculada a un fín pendente de xustificación, para outro?,ou será que tal subvención está xa volatilizada e ía a desaparecer polo camiño de Gonda a Guillufe.,isto será para ver noutra ocasión.
O que certamente nos preocupa era o seguinte ponto da orde do día que foi nen mais ne menos o regalo a un particular, na Portela en Vilas nen mais nen menosque o regalo de 40.000 metros cadrados de terreo público.
A formula dende logo foim do mais enxeniosa polo PP xa que foi a de ?autorizar o valado con peche metálico de dita superficie para o gando?,estes certamente son enxeñeiros de taberna.
Os chistes e coñas non se fixeron esperar, parabanme polas rúas e decíanme ¡E logo ti non eres de Morghadans,donde hai que asinar os papeis para que me den a min outros 40.000 metros cadrados home, con quen hai que falar!.
E pintoresco, porque non atopo outra palabra só e propio deste recuncho do planeta así nos vai con esta xente. O do PSOE nin mú.
Xa veremos dentro de catro ou cinco anos non fai falla mais, quen lle día a González, o que se levou os 40000 metros cadrados de terreo público, que hai que pasar polo valado,¡levas un estacazo no lombo que te acordas do día! Que pais coño.
E certo que hai un problema co gando en Morgadanas, no Galiñeiro,Caldeiron,e certo que o gando está sen control algún,e certo que o gando causa molestias puntuais, e certo que o gando estivo sempre no monte, e certo que o gando ten enfrontados os veciños de Vilas cos de Prado, e certo que este conflicto e fomentado irresponsablemente e artificialmente por estes enxeñeiros de taberna para mater o seu poder local,e certo que o gando do tipo que for nos da tamén a satisfacción anual do curro de Morgadans como lecer e cultura coñecido en todo o muno culto.
Como todo eso e certo son precisas solucions globais con respecto o gando,os gandeiros, os veciños, e de todo Morgadans,pero desde logo que non pasan por despatrimonializar a Entidade nen os montes,e sobre todo ESTES montes,e posiblemente tomar solucions de consenso xa que algunhas delas poden ser especialmente dolorosas para alguén,o resto son componendas,senón ao tempo.
Conclusión ¡Xa sabedes todos a Morgadans a polos vosos 40000 metros cadrados ánimo rapaces o PP está en rebaixas. ¡
Decía a difunta da señora Josefa viúva de Alfonso,quen de cando en vez gostaba dun vaso de viño tinto, e que nunca perdeu o humor !Ai meu fillo haiche homes,homiños,macacos e macaquiños!,cando morreu puxeronlle a bandeira portuguesa enriba do cadaleito,¡que razón tiña esa muller !
Sete de xaneiro do 2008.
Este artigo subiu a rede o sete de xaneiro do 2008. |