Mobilidade para todos.!!!!!
Na altura día 24 deste mes de febreiro do ano 2023,fixen un pequeno esforzo en botar unha olladela a dúas cadeias de TV do estado, e unha portuguesa,quer dicer,neses programas feitos "ad Hoc",para amosar como se vive a guerra no teatro de operacions da Ucraina.
Nas tres,foron entrevistadas tres mulleres distintas que viven connosco,alén de facer unha louva sobre a súa nova vida quedei abraiado cando foron preguntadas que desexarían para finalizar a súa situación, a resposta foi que "Se manden mais armas para a guerra"!!!
Non pediron a paz,polo medio que fora,e que todos fixeramos un esforzo inmenso para rematar a guerra.
Embora fora esta ideia,repetida como un mantra decindo o mesmo que din os seus corruptos direxentes ucrainos que mandaron a os seus pais,irmás,fillos e amigos,a picadora de carne.
En fin desafortunadamente,entendo porque determinada forza política chegou ao poder polas urnas e fixo que antes de cair a Deustchland esta fora "Deutschland über alles".
Pido desde esta páxina,as mentes un tanto razonabeis,dos USA,UE,e GB,que nun acto hipócrita deixen de mandar armas para a regueifa,ainda que supoño que non faran muito caso.
Mas o asunto non trataba diso,tiña unha componente un pouco mais local,e como sempre criticamente constructiva.
A meiados de febreiro,por parte do concello de Gondomar-velaí a sua páxina web-tentouse de celebrar un curso relativo a mellora das aptitudes de memoria,dirixido a os vellotes que son os que sofren deste problema.
O local para facelo era a escola de Guillufe,que todos coñecemos.
Pois ben na data de comezo, atopamonos que non puido ser comezado esta-charla curso,debido a que os asistentes non foron quen de subir ao primeiro andar que era o lugar de celebración,os anos pesan e as escadas eran e son unha valado moi alto.
O resultado ficou a vista,houbo de ser suspendidas as charlas,na procura de outro local mellor,pensando incluso na veciña parroquia de Chain,o que conleva outro problema de dislocamento.
Salta a vista o desleixo dos responsabeis de estes cursos,por non ter pensado nisto previamente.
Salta a vista o desleixo dos gobernos das duas administracions implícadas no tema,concello e ELM de Morgadans,porque levanse ANOS,sen pensar e poñer solucions as barreiras arquitectonicas,que axuden a superar estas situacions a os que están incursos...en fín mais do mesmo.
O importante e tirar fotografías para lucimento persoal.
Nota:a fotografia e dunha entidade comercial. |