 Patatí patatá.
Hai pouco mais de unha semán,houbo un acontecimento que vou a calificar de moi relevante,trátase da sinatura por mais de 30 concellos da provincia de Pontevedra,para instar a os seus letrados e departamentos xurídicos,internos e externalizados,no uso do galego perante as actuacions administrativas e xudiciarias que os concellos teñen de cotío por moi diferentes motivos.
A razón e moi simple os pequenos concellos non dispoñen de efectivos abondo como para realizar estas funcions e as mais da veces acuden a externalizar estes servizos,que dependen do avogado escollido,e tendo en conta que hoxe e luns,son as 20,00 horas, e estamos no ano 2023,e para facer tortilla de patacas fan falla patacas,que si patatí patatá…., atopamonos que estes profesionais do dereito realizan as súas demandas sen utilizar o galego como lingua de traballo –as estadísticas son demoledoras neste ponto-.
Por elo esta iniciativa responde a corrección desta conducta por parte dos interesados, e para elo e preciso que a ideia,se consolide.Ben e certo que esta iniciativa non e nova,xa aconteceu con anterioridade que diversos concellos asinaron una proclama parecida,mas o resultado salvo honrosas excepcions non foron adiante.
E de sinalar,para os mais críticos con este tipo de propostas o seguinte,penso que a diagnose do estado do galego no seu uso,individual e social,está mas que feita,os meniños saen da casa falando galego, e voltan a seu fogar con outra lingua distinta,hai infinidade de áreas onde o galego está PROSCRITO sen eufemismos de ningún tipo,ou dito doutro xeito se falas en galego tes todos os problemas do mundo,que cada quen que pense.Non quero entrar en termos de culpabilidade.
Obxectivamente a cifra esta ahí fora nos xornais,por primeira vez os galego falantes entre a xuventude,son minoría no seu uso,dito de outro xeito isto non e puntual,pois van ser varias xeracions que refugan do galego.
Por elo ao meu ver está en cubrir esas eivas eses valeiros, eses vacios,con todas as solucions posibeis e factibeis para correxir isto,de non ser así perdemos o galego a todos os efectos,deitamos no lixo,o que custou construir séculos.
https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/35-concellos-asinan-declaracion-pontevedra-fomento-do-galego-xustiza/20230114173538160307.html |