Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O valor do medioambente,Graudos e Miudos.
andaina
Graúdos e Miúdos


E importante a conservación e a presenza do medioambente como filosofía de vida,hai xente que o entende como non contaminar,outros asemade axan que con ter unas macetas no balcón ou na entrada do portal xa cumplen,e os menos levando unha flor na solapa tamén cumplen ao dar a entender que disfroitan da natureza.

Porén isto non e abondo,xa que baseandose nun suposto aforro enerxético verde,inundan até o infinito a nosa xeografía e paisaxe de ventoiñas, sen concerto social e que aportan ren as economías e benestar sociais e dos individuos,non teñen reparo en agredir e destruir os nosos montes,mares ,animais e aves únicas sen reparo,aproveitandose das ligacions políticas e económicas de turno,e con xenerosas subvencions,autonómicas,estatais,e da UE,cando non enchendo os xornais de publicidade pagada e enganosa.


Valelles ademáis calquer pretexto político ou xeopolítico, e no caso que nos ocupa incluso urbanístico,que e o primeiro destrutor do medioambente,construccions por enriba de todo,planeamentos sen xeito algún que hipotecan o futuro das persoas,viver de costas a os ríos e a paisaxe e a súa vida insita.

Alegreime moito ao recibir este cartaz, chamando a toda veciñanza,graudos e miudos,con animais de estimación incluídos,a participar nunha andaina,camiñada,contacto ca natureza,ao pé do río Miñor,o día 19 de xuño,domingo ,con saída desde o antigo Matadoiro de Gondomar,na confluencia dos nosos ríos Zamans e Morgadans, até a ponte da Xunqueira;consultados os oráculos parece que os idus nos son favoraveis, e non choverá como hoxe.

Podense tirar todas as fotos que se queiran, e facer videos.

Lembrar que e unha vella aspiración de todos o que se chegue a unir Morgadans con a Ramallosa,mediante unha pista a beira dos ríos,ecolóxica,practicabel e usabel en todas as datas do ano,porque ainda aquí non acabamos de entendelo que isto e o futuro.

O camiñar e o contacto ca natureza e vida e saúde,quer dicer (unha pastilla menos).

Xuño do ano 2022


https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2975569602665485&set=a.2135330840022703&type=3¬if_id=1654175081449418¬if_t=feedback_reaction_generic&ref=notif
Comentarios (0) - Categoría: Xuño 2022 - Publicado o 02-06-2022 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0