Nostalgie ile Taská.? agora tanto ten !!!!
Nostalgia ili Taská ¿agora tanto ten….
Hoxe 26 de decembro do ano 1991,Gorbachov,disolvía formalmente a URSS-CCCP,todos lembramos aquelas imaxes televisivas onde Boris Yeltsin,puxo diante de Gorbachov,o documento disolutorio, que este leeu,até aquí a anécdota.
O certo e que o primeiro estado socialista do mundo Rusia,,transformador dunha monarquía apodrecida nunha republica e que axudou a pasar da edade media para a modernidade ,despois coa URSS,a moitas das republicas soviéticas que a constituían,non souberon facer as modificacions internas necesarias para resolver as contradicions internas.
Nada valeu o poñer ao primeiro home no espacio Yuri Gagarin.
Após económicamente, viñeron anos de moita carencia,podo dar fé diso.
Dende o ponto de vista nacional,apareceron 15 novas repúblicas na comunidade de estados,e outras que poden aparecer en calquer momento.
A nivel internacional,o avance dos EE.UU de por sí coa OTAN e cos aliados europeus non ten paraxe,chegando a unha situación de preguerra,ao pretender instalarse cómodamente na Ucrania,cousa que actualmente sería “casus belli”para os rusos en particular.
A nivel sociolóxico e mercantil,supuxo nen mais nin menos o desbalanzo no nivel de relacions dos diferentes paises do mundo,a CCCP era unha referencia,sobre todo para os traballadores de todo o mundo;agora na práctica as relacions laboráis debilitanse totalmente ata niveis máximos de explotación,en todos os países da nosa área.Si a economía vai mal a culpa teñena os traballadores que cobran muito.
Nos xornais de hoxe,dixitais por demais,NON atopei nen un só artigo favorabel -e por ende obxectivo- a esa situación,todos ficaron a demonízala,-uniformidade informativa- excepto nun xornal portugués do sul do país,con un artigo semi-editorial destinado a dar datos,con un pouquiño mais de cal que de areia.
Até a prouxima.
26 decembro 2021 ano pandémico.
|