Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O frio de bater o dente.
Foto entrega sinaturas 25 de novembro 2021
O frio de bater o dente.

Despois destes dous derradeiros días de friaxe,que anunciaron fora de tempo,adiantado neste caso o inverno,voltamos a outros tipos de friaxe tamén fora de tempada.

Nesta derradeira semá o 25 de novembro presentaronse da tenda de Moviestar de Gondomar,perto de 2000 sinaturas de queixa contra Telefónica,pola ausencia de servizo de fibra no concello e a mala calidade deste alí onde existe con outras modalidades ADSL por exemplo.

A reclamación ven de vello,pois xa no mes de maio a antes,a compañía xuraba e perxuraba o problema estaba solucionado antes do fin de ano pandemico 2021,culpabilizando da cuestión a que determinada empresa non permitía o paso da fibra óptica polo seu predio.

Chegado este derradeiro día do mes de novembro,o resultado e ren de ren,nova fustración.

Neste ponto noto en falla,o posicionamento activo do alcalde do concello,mais preocupado pola sesión de fotos de turno que das necesidades reais da poboación,tamén meto no mesmo saco no que nos atinxe a actual directiva da Entidade Local Menor de Morgadans,tamén moi preocupada pola reposición do banco de madeira-miserablemente roubado por alguén descoñecido-que polo obxectivo de garantir que o internet chegue a todos os veciños e escolares de Morgadans.

Non disculpo para nada,esta postura,pois si ben o Concello e a Entidade,non teñen o dominio do feito,si teñen a obriga de porse ao fronte e resolver a todo o nivel este tipo de problemas.

A min alén de seguir loitando por este obxectivo veciñal,con ou sen pandemia,pasarei a recoller sinaturas para que os reis magos tragan en xaneiro a fibra a todo o concello-non sei se me faran caso porque como teño dito noutras partes deste blogue,son republicano,e aquel dito “ao enemigo nen auga”,pero bon non estou pedindo para min só.

Como parte positiva deste asunto,recibo unha moi boa nova dos veciños de Couso,en particular da Comunidade de Montes,que a decir do titular de moita prensa,”pasou de ser escombreira a referente ecolóxico”,de ser o monte unha esterqueira,e depósito de toda caste de entullos,a realidade actual.
(https://www.campogalego.gal/couso-o-monte-que-pasou-de-escombreira-referente-ecoloxico/).


Está tendo unha mudanza espectacular,desde que chegou a directiva,un home simple con ideias moi claras,-capaz de xuntar os comuneros,-en obxectivos colectivos e de claro rendimento económico,distinto do monocultivo de eucaliptos.( https://youtu.be/QLvhSDUfrmc).

Como son un home moi envexoso,nada de sana envexa nen nada diso,envexa pura e dura,disloqueime aló onte luns onde tive a oportunidade de desentolar a un trailer de León que se meteu polo Colmear da Asubiada,e costou ferro e fariña tiralo de alí,o motorista choraba ao final.

Porén hoxe martes 31 de novembro, non fun só fun acompañado de outras persoas,que tiñan interese en botar unha olladela a os logros da Comunidade de Montes,durou a camiñada mais de dúas horas,e recuncho a recuncho de les a les,puidemos ver e “copiar” para o futuro estes logros;deixo isto para outra ocasión para ver de conseguir levar a directiva da entidade local por aqueles lares.

Saúdos e até a prouxima.

Morgadans fibra xá !!!!. (Nota a foto e de Telemariñas,o contido e noso).
Comentarios (0) - Categoría: Novembro 2021 - Publicado o 30-11-2021 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0