Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Despois da relada
Despois da relada.

Lembran aquilo de que en ocasions o árbol non te deixar ollar o bosque,pois hai algo de certo nelo.

Na Batizosa e en toda extrema con Chain,estase a facer una auténtica relada en todo monte,iso si por man do home,e esta vez deixando fora os incendios.

En toda esa área,atopanse case con exclusividade as tres especies pirófitas por excelencia,piñeiro ,eucalipto e de un xeito residual as acacias,por certo alguna dela cun porte relevante.Testimonialmente algún carballo que outro.


Pois ven nas cortas a relada-tala rasa-,o pouco carballo que hai sucumbe perante os cortadores,a verdade e que e moi difícil controlar isto.


Despois do “clareo”,aparecen auténticos “xacementos” de lixo de todo tipo,fundamentalmente de construcción,plásticos etc.iso si mais perto dos lugares onde os pequenos chimpins e camionetas podían chegar.


Fican tambén a vista os vellos camiños,por onde baixaban no seu dia os carros de bois,as relladas nas pedras dan fe delo.


Fican a vista os antigos camiños,hoxe sen uso xa que non hai actividade agricola relevante como en toda Galiza,camiños que se van perdendo en parte,polos poderosos tractores,carregados de piño, e eucalipto e que fan o trasego de continuo,dito sea de paso,destrozan estas pasaxes que tanto servizo deron.


Fican tambén a vista as antigas canteiras na zona,onde os restos de pedra con cantos vivos,e pedregullos dan fé da súa existencia,dalí tirouse a pedra, que carregada en carros de bois,permitiron a construcción de vivenda en toda a contorna.


Fican tambén a vista os cursos dos regatos que enchen ao final o caudal do Rio Morgadans,e tamén algunas pequenas traídas de auga da contorna.

Fica tambén a vista a inexistencia da diversidade de fauna animal ,debido precisamente ao monocultivo do eucalipto,alguén me decía :naquela coutada... estaba cheia de coellos,alí por baixo o raposo,agora nen o xabarín e o miñato nen nos visita¡

Tamén fica a vista a deficiente xestión do monte da Entidade Local Menor de Morgadans,xa que do lucro tirado do que estamos a falar,a Xunta levanta o 40% e o resto para entidade,salvo se for madeira queimada que entón o 100% do lucro e para a Xunta de Galicia,a todas luces salta a vista que e imperativo a denuncia de este convenio coa Xunta,e levar de un xeito propio a xestión directa de este monte.

Houbo un aspecto positivo nesta ollada e nesta descrición,que DE MOMENTO reparei que non había ainda ventoiñas a vista-non se ven pero se lles espera-…mal raio nos parta…

Até a prouxima.

Febreiro, ano da pandemia de 2021.

Nota a foto leva marca de auga.
Comentarios (0) - Categoría: Febreiro 2021 2º ano pandemico - Publicado o 28-02-2021 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0