Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conservar o patrimonio,antes ou despois ?.
Conservar o patrimonio,antes ou despois ?.

Achegame un bon amigo nunha mensaxe do facebook,a nova dunha descoberta dunha inscrición romana a 1125 metros de altura en honor a Xupiter-deixo a ligazón,para quen queira ilustrase e valorizarse mais ( https://historiadegalicia.gal/2019/06/aparece-unha-inscricion-romana-a-1-125-metros-en-honor-a-xupiter/ -) , pois ben estas novas sempre son ben recibidas, con ledicia,xa que dalgún xeito reflicten,unha vontade de recuperar o propio,e mantelo como acervo cultual.

Outras novas non son de tanta ledicia,e non e tal nova se o interpretamos en clave electoral populista,e refirome ao "Tranvia de Vigo",hai un ano nos xornais,e decir traese a imaxe do que antes foi destruído con toda animosidade e corrupción en Vigo-para os que non tiveron tempo de ollalo, fago unha mini reseña periodística-https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/07/05/tranvia-vuelve-vigo/1923415.html -.

Un medio de transporte extraordinario,que nos poñia desde Chapela a Baiona,ou Mos ou Porriño, pasando polo Aeroporto, e ligaba Gondomar coa Ramallosa e o resto do mundo,foi eso sí unha perda patrimonial móbil e intencionada;aconsello a os leitores que mergullen no Faro de Vigo,por exemplo, un par de anos antes de 1968,e vexan as novas degradatorias e continuadas sobre o tranvía de Vigo,que tiña todos os males do mundo, co único obxecto de suavizar a entrada dos sucesores no transporte.

Neste ponto tamén invito a mergullar,no mesmo medio para comprobar como naquela altura foron procesados e condenados catro concelleiros de Vigo, por votar a prol, fraudulentamente despois de ter obtido o correspondente quiñon;daquela a verba corrupción ainda non tiña pleno contido;en fin e un suposto caso de perda patrimonial móbil,intencionado,agora sí arrepentidos traemos a pobre imaxe do convoio elétrico .(antes foi de un buque que figura na Avenida de Samil en Vigo,que simboliza a destrucción da pesca,mas iso e para falar noutra momento).

A cousa non queda ahí,dentro do patrimonio inmaterial pero creación de todo un pobo está a da lingua,destrucción que teimosamente por activa e por pasiva se está a levar,por unha banda desde determinados poderes públicos,-ollar (https://twitter.com/miss_xesta/status/1140871545373544448 )-e por outra desde a propia poboación claramente influenciada polos slogans directos e subliminais que se lanzan-?se falas galego non eres ninguén es un pobre galeguiño indesexabel?;"un pode falar o que queira" (español a ser posibel);"non se pode impor o galego" ,etc.etc.etc (https://twitter.com/dreso18/status/1140604302987333632 )- mais propias de un autoodio non contido.

Chegame neste ponto unha nova da sempre próxima Bretaña,onde 15 alumnos(as),fixeron o seu exáme de BAC -acceso universitario-,na lingua bretona que tiveron sempre,coa prohibición expresa do estado Francés-Non vos sona iso a un pasado moi próximo na Galiza ?) (https://www.infoasturies.com/es/2018/07/03/leccion-de-compromiso-se-presentan-al-bac-escribiendo-en-breton/ ).

Pois ben Morgadans non está moi lonxe de todo isto,na lingua,nas festas,na topònimia,comenzando pola deturpación do propio nome,e,o ancestral e inmemorial curro-baixada das burras no terceiro domingo de xuño-,entre outras cousas-

Para rematar este artigo,teño dúas boas novas,unha e o inxente traballo da Asociación de Amigos do Couto Mixto,que o día seis de xullo deste ano 2019,celebrarán o nomeamento dos tres novos Xuices Honorarios,e os seus atributos,chaves,bastón,e diploma que os acredita como tais- ( https://www.laregion.es/opinion/xose-gonzalez-martinez/couto-mixto-capital-provincia/20190628221042879848.html ).

A outra e que namentras escribo este artigo oigo a extraordinaria voz de DANIA DIVA,de Vocalitis,que dalgún xeito me está convidando a súa festa privada no Camiño de Viñó a que fun convidado e xa chegarei tarde !!!

Comentarios (0) - Categoría: Xuño 2019 - Publicado o 30-06-2019 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0