17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS EN MORGADANS.
Xa dixemos que o blogue era para dar unha visión dos aconteceres de
Morgadans.
Morgadans ainda que noutros aspectos puidera parecer o contrario está
conectada ao mundo,-eu sempre digo o mesmo para min o orden de importancia xeográfica é Morgadans,Paris,Washington,por esa orden non movo nen un só ponto-.
Pois ben como toda a galeguidade, o primeiro acontecer que nos salta a vista con todo isto e que,hoxe 17 de maio do ano 2008 no
día das Letras Galegas,é entre outras cousas o nome,Morgadans;e moi rico en nomes,semella que fora bautizado por distintos padres,daquela os distintos apelativos.
Morgadans, e as putativas de , ?Morghadans?,Morghadanes e Morgadanes segundo cae,por certo con certo uso, a distintos níveis.
Si así de claro, non vaiamos moi lonxe de esas cousas,pois se collemos o
carimbo da Entidade Local Menor,podemos ver a diglosía nestes nomes. (Ollo Xabarda non te metas hoxe nese terreo,pois calquera lles dí que hai que tirar ao lixo o carimbo e mandar facer un novo co nome correcto ?Morgadans?,¡
que 10 euros mellor invertidos ¡).
Se ollamos para alguns carteis das comisions de festas pegadas polos paus da lus,e nos lugares de costume, e das paradas do bus,escritos oficiais etc. vemos que escapaselles o putativo a mínima de cambio.
O certo e que desde o Decreto 299/1997, de 23 de octubre, polo que se dispoñen os nomes oficiais das parroquias pertenecientes ao Concello de Gondomar,a cousa parece claro,Morgadans.
¡Que iluso eres Xabarda! Pero se as normas están para non se cumplir home incluso as do galego.
Bon que polo menos hoxe seña para lembrarnos a todos o moito que hai que facer ainda, e sobre todo o valeiro de contido que está ainda o
dereito colectivo dos galegos fronte a unha suposta "libertade" de elexir as linguas.
No aspecto literario isto para reflexionar,leino hai só 38 anos e non se me esqueceu.
"Cando cheguei a miña terra
leveime gran desilusión....
E os mesus ollos choraron
coma choraban as froles tamén
Pois na lingua que elas falaban
non lles falaba NINGUEN
Eu."