Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O cravo do Xabarda
Mais que cravos son tacholas



Digo que non saio de min,acabo de vir da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadans,donde se acaba de aprobar que a Telefónica-Moviestar, instale unha antena de trinta metros de altura, no adro da Igrexa de San Xose de Prado,-por certo esta vez con foto e todo-.

Pois ben acordaron estes ?vogais?, que por un prezo de 30.000 euros ?¡mais Iva home!-_e durante quince anos,poidase instalar o pincho da antena.

Como xustificación non podía ser outra,o ?benestar? dos veciños de Vilas e Prado, e por outra ¡ ten que ser alí ! pois seica os trebellos que trouxeron os da Telefónica din que o adro da igrexa e o mellor lugar,pois senón os de Vilas ná de ná.

E ademais como xa pasan unhas torretas de alta tensión por alí, que unha mais non importa-(isto escribirono na convocatoria non e broma, mc,mc,mc,mc - Nota: mc significa manda carallo-)Total ¿para que? se xa está deprezado o patrimonio cultural e paisaxístico ,unha mais non fai mal.

Alí estaba,o Sr.Lugilde ,-o do BNG-,todo o pedagóxico que a situación requería,dando razóns e mais razóns,mirade que non hai por que poñer aló nada que hai outros sitios,que pode haber problemas cas radiacions, que ata os Santos podense queixar, e ¡ iso e cousa moi seria !,-terán que queixarse os santos digo eu porque o que é o cura non sabemos nen donde está- que a igrexa de Prado está catalogada como ben no patrimonio galego,¡que non pode ser alí! , ademais mozos estades vendendo o terreo por unha esmola, a os de Vincios deronlles 6000 euros por ano.

Total ao final o rolo, o PP votou a favor, o do PSOE ainda non cambiou o paso-non se entera que vai a haber pacto-e o do BNG quedou sosiño en contra para non variar.

En fin digo eu que en todo Prado non haberá outro lugar donde espetar esa antena.

Ou pensando ben será que os do PP querrán ampliar o WIFI de Silva de Gondomar do 80% ao 100%, daranse conta agora a Prado era o 20% que lle faltaba ,¿non vos lembrades disto?

Pois nada que colleron os 35.000 euros e foronse para o bar-e certo-

Próximo capitulo ¿Dónde se gastaron os 35.000 euros?.¿Como estará o cabrito a brasa na edición 2008?

Morgadans 25 de xaneiro do 2008.1(1) Avelosa, Baralla, Batizosa, Camiño Branco, Carballás, Carballeiras, Entreviñas, Xende, Gonde, Guillufe, Hervillás, Lago, Murxido, Padróns, Picouso, Pedra, Prado, San Roque, Vilas e Viñó ^
Comentarios (1) - Categoría: Entidade Local Menor de Morgadans - Publicado o 17-02-2008 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0