 O malo hai que ceifalo
Remata este ano 2022 post-pandémico,con innumerabeis aconteceres que todos vivimos,mas con unha interpretación diferente.
A miña primeira lembranza vai para Edson Arrantes do Nascimento ,”O Rei Pelé”,que xunto con Eusebio do Benfica,fixeron unha dupla inesquecível;cuando xogarmos o futebol como era propio naquela altura en que brincabas sen un pataco no peto,todos queríamos ser Pelé ou Eusebio,embora ambolos dous foran pretos,descoñecíamos o significado de racista,que viu despois,.... até a próuxima no alén...!!!
O outro tema e muito mais actual e de consecuencias inmediatas que todos coñecemos,refírome a chuva deste 24 do natal,que tivo a mais de un co mesmo sentimento de impotencia de cando os incendios do ano 2017 en Morgadans e todo Gondomar e contorna.Unha vez mais nos enganamos a nos mesmos decindo no día despois que sempre choveu,e as cousas son así.....mas ....o certo e que non e así.
Podía quedar este comentario, con unha piada, ou con un eufemismo mais ou menos oportunos…non non e o tempo diso.
Todos e cada un dos efectos destes desastres,predecibles,repetidos,sabemos que se van a producir irremediablemenrte,os rios Zamans e Morgadans reclaman o seu,por eso sen piedade e necesario espetar nos fuciños,a os gobernantes a sua indolencia-vagos-falla de interese,e incapaces en definitiva de dar solucióna estes problemas.
Ao Alcalde de Gondomar, mais preocupado por sustituir a folla dos árboles por luceciñas e tirarse as fotografías de rigor que entrar na solución do problema,ou o dispendio de fondos para montar un xixi-can,entupindo a canle do rio.
A os próceres de toda orde da Diputación por incumplir con descaro,as súas competencias sobre o abate dos arboles ao pe das estradas da súa “Incompetencia”,PO-341 e outras,por exemplo,e por outro lado a Augas de Galiza-Xunta de Galicia-pola ausencia das obras de infraestrutura necesarias acó e acolá,para evitar as enchentes e derrocadas .
E un fortísimo tirón de orellas ao xestor da barraxe de Zamans,que con todos os incumplimentos habidos e por haber abriu as comportas do embalsado para “axudar” a complementar o asunto.-Onde fican os avisos sonoros obrigatorios para este tipo de actuacións,será que a treboada non permitiu ouvilos,ou pola contra non saben o que e iso se e que algunha vez existiu._-
Fago meu toda a carraxe dos veciños de todo Gondomar,pola desfeita e o ”dano moral”,físico,e imperdoável do acontecido.
Quedaría tamén incompleto este comentario, sen unha chamada de atención a todos aqueles veciños temporariamente ou definitivamente “incívicos”,polas súas conductas de todo orden, contra o territorio,e o medioabiente.
Sinalo tamén neste artigo,o enderezo de algunha organización e xente,que describen a rabia e efectos destas conductas.
https://minhor.gal/as-enchentes-desta-semana-volven-abrir-o-debate-do-maltrato-do-rio-minor-e-da-necesidade-de-tomar-medidas-con-urxencia/
|