
Semana cultural de Morgadans Agosto 2022.
Primeiro mil disculpas por poñer este blogue un pouco fora de data,cousas da fibra òtica,como moi ben sabedes,tanto R como Masmóvil,teñen tiradas parciariamente a fibra otica que vai para Prado e Couso respeitivamente, mas elo non que decir nen moito menos que os tendidos alcancen a calquer veciño que a precise,por exemplo na Batizosa nen ren,embora estas duas xa teñan cobrado as subvencions polo tendido segundo anuncian nas súas páxinas web.
Bon isto non nos vai parar,e de sinalar, que este ano Morgadáns teve unha SEMANA CULTURAL a altura das mellores-non e coba-e verdade,me remito a páxina web do Centro Cultural de San Roque, para o seu detalle.(https://www.facebook.com/ccsanroque.morgadans)
Como festa relixiosa o San Roquiño,que non e o único santo que leva can,foi de medo, os cepillos da capela estaban a tope.
A min tirame o teatro en xeral, for cal for;ARREDEMO,Grupo Municipal de teatro, representou a súa obra "Quen dixo medo.."agoirolles moito futuro de seguir así.Ollo, supuxo un paso mais noutras obras de teatro locais as que xa lle teño dado referencia e parabéns.
Hai outro evento cultural,moi interesante para quen o saiba apreciar, e a finca decorativa de Felix,un xubilado dos activos.Como elementos decorativos ten varios foguetons-copias a escala- de modelos reais,naves espaciais, e tamén un prato voante,que e prato, pero que non vóa,ao menos de día, unha ,maqueta a escala do "Burán " ruso,e o último un misil de oito metros de altura.
Todo isto pasaría desapercibido a os ignotos, se non for pola correspondente iluminación a coores,nocturna,que se pode ollar desde moi lonxe.
Animo Felix,iso chamase envellecimento activo,ollo que eres xubilado, e alí hai metido muito diñeiro nas maquetas e decoración...e as pensións non teñen pinta de subir como os teus foguetes pero o que sobe e a inflacción imos no 10,7 por cento, estadístico, a realidade e moito mais.
Agosto 2022 inflaccionario.
|