Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A prostitución politica-Saara
A prostitución politica-Saara

Morgadans ficou completamente chocado,pola decisión do goberno español,autodenominado socialista de reconocer e aceptar o plano da monarquía marroquina,sobre o Saara.

Como e ben coñecido por todos,o Saara occidental,foi provincia española,até a vergoñenta entrega catro dias antes da morte do dictador na cama.Según os distintos escritos foi un pacto do emérito Juan Carlos,a traveso de Kissinger para que os USA,lle garantiran unha entronización en España.

Os aspectos económicos de esa VENDA ainda son oscuros.

A forma foi unha transación entre o estado,Marrocos e Mauritania,chamado o acordo tripartito,polo cal a monarquía marroquina,quedabase co norte do pais e Mauritania co sul,liña polo medio,o estado español como garante.

Hai que decir que os propios interesados os propios saharahuis,non foron consultados,naquel momento.O estado español naquela altura non quixo en ningún momento entablar calquer conversa co Fronte Polisario,única representación do pobo,antes ben tentou montar unha pantomima de representación creando unha platamorma chamada PUNS,durou como se di agora un telediario.

Ao pouco Mauritania renunciou a súa parte-o térmo xurídico retirouse-,deixando o territorio,en mans da monarquia marroquina.

A partires de entón,por un lado o Fronte Polisario,mantivo guerra continua contra os invasores marroquinos.

O conflicto levado a ONU,significou derrota tras derrota da monarquía marroquina invasora,non lle foron aceites as teses de que o Saara,era unha terra abandonada, e que eles a “atoparan”.

Hai tres resolucions básicas,contra Marrocos,relativas a que debe realizar un referendo de AUTODETERMINACION,no pobo saharaui só,cousa que nunca fixo ata hoxe.

A todo isto meteu si ou si unha inxente poboación marroquina no territorio,con todos os beneficios habidos e por haber,e pretendia realizar o referendo con TODOS,cousa que o Fpolisario non aceitou xa que o único censo vñalido saharahui era o da administración española,de antes de 1975,e non outro.

Por acaso a monarquía marroquina,fixo un muro de contención.minado en toda a fronteira,leste do Saara,para impedir calquer movimento da poboación autóctona.

Desde entón,a represión sobre os saharauis e brutal,negaselle toda posibilidade de existencia no seu propio territorio,explotan os inmensos recursos pesqueiros do mar do, Saara,en vendeselle a Europa,estado español incluído,a cambio de sustanciosos gaños,usaron o Saara,e a poboación marroquina como chantaxe fronte a Europa e os estado español,e outras falcatruadas da monarquia dictadora.

Recentemente seguindo as directrices no seu día de Mr.Baker ,puxeron en práctica con toda a súa forza disponibel, o Plano Baker, e decir ,independencia nada,autodeterminación nada,e todo o Saara,pasa a depender de Marrocos, integrandose como tres provincias mais .

O estado español acaba de aceptar este plano, a ainda por riba minte indicando que abre un novo foturo ,para as partes,xa que o conflicto estaba enquistado,alega razoes prácticas e de xeopolítica,eludindo na práctica a responsabilidade sobre o saara,indo en contra das tres resolucions da ONU.

Habería muitisimo mais que decir sobre isto,certos enriquecimentos de persoaxes públicos da política española.

Os demais recollendo anualmente a os meninos saharauis,nas familias de todo o estado como até agora;o Fronte Polisario,mantén a súa postura-iso si agora van ser tachados de terroristas-xa que defenden só o seu ,será enfocado como loita contra a monarquía dictadora marroquina,e Hasan II,enriquecendose infamemente,cos recursos do seu corral.
Lembranse do asunto de Timor Leste con Indonesia,moi,moi,moi parecido.

Até a prouxima. 31 marzo 2022
Comentarios (0) - Categoría: Marzo 2022 post pandemico - Publicado o 31-03-2022 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0