 >Non ser parvo,non chega.
Temos case todos os idosos un amplo coñecimento en Morgadans,da actuación individualizada de un septuaxenario,ao apañar sinaturas pola inmoral conducta dos bancos ao analfabetizar a este setor da poboación.( Sóc major, no idiota).
Este feito e un éxito notabel, o resultado inmediato foi que a ministra do ramo,non tardou en convocalo a “palacio”,decindolle que nestes breves días todo ficaría arranxado por sempre xamais.
O certo e que a banca e un actor moi poderoso,e de momento dí que non a apertura das oficiñas para este setor poboacional,que para iso están os computadores ,e os caixeiros automáticos.
A realidade está a volta da esquina,horarios limitados,a determinadas horas,case sempre antes das once da mañan,cita previa para tales horarios-vexase o cartaz de Caixabank en Gondomar-que según me din e extensivo as outras entidades da localidade,te refiren impiedosamente a os caixeiros,como si ti foras o culpabel da situación,a modo de resumo levate a ir acompañado de un parente ou persoa de confianza para a xestión de cuestions elementais monetarias.
Perante isto e preciso sinalar que a elección bancaria non e tal elección non e LIBRE , te avocan a traballar con un banco SI ou SI,as pensións son imposibles de cobrar se non e por un banco,se te obriga a domiciliar todo tipo de pagamentos;págalos por “ventanilla”,pasou a historia,e todo isto pagando TI como usuario por esta conta,e unas comisión escandalosas,e,que teñen que ser os tribunais de cando en vez que poñan os pontos nas “i”.
Tampouco e solución a chamada conta social básica,que nin e tan social e e moi básica,e ademáis ten uns requisitos que son unha carreira de obstáculos,e non te libera da electrónica do banco.
O goberno autochamado socialista,non se distingue neste ponto por da solución axeitada a este ponto,poñendose claramente ao lado da banca,o mesmo da Xunta de Galiza,achegando solucions "creativas",como pagandolle a un banco (?¿?¿?¿?¿)para ter un caixeiro electronico asistido,esquecendo sempre que a banca e un servizo público de xestión privada,onde non só hai que controlar o funcionamento das finanzas,senón,as practicas e conductas do tipo que sinalamos.
Esa constitución que dí que ninguén pode ser discriminado,por razón, de sexo,raza,relixión etc.etc dirá algo da discriminación por prácticas abusivas sobre os idosos ¿????
Xaneiro 2022.
|