Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Da Galiza profunda e outras cousas…!
Da Galiza profunda e outras cousas…!


Certo que a nova percorreu todo o estado alén das nosas fronteiras galegas,históricas ou legais tanto ten,mas con muito barullo.

O certo e que a xuiza,reflectiu nun documento público,con efectos para todos,for sentenza for auto,nunha actuación profesional todo aquello que levaba dentro.


Só ten un nome,en galego decimos que son, PRECONCEITOS,sospeito que en marbellés tamén se dí igual ou parecido.


Era un conflicto singular como os hai todos os días,con as peculiaridades deste caso,e lóxicamente debería ter tido unha solución xurídica singular como o asunto pedía,con argumentos singulares para atopar o mellor para a crianza.Pero non non foi así,habrá que agradecerlle a xuiza ese disparate,que vai dar muito a falar.

De entrada o menino vai ser identificado como o da “Galiza fonda”,ao que fuxiron da súa terra de lobos e outras cousas,mais neste caso como e en Muros,dous enormes tubaroes que vixían a costa para dar boa conta dos muradáns…!


O rexeito da expresión foi certamente xeneralizado….e por outra banda a outros nos fixo traer dende o fundo até a superficie esa Galiza na que temos fondas raíces para levala onde quer que for e coa lingua por diante como bandeira.


Alén diso,non cabe a menor dúbida que se puxeron de manifesto outros aspectos ,obxectivos e de natureza comparativa,que de un xeito banal poden tirarse de ese vocablo “profundo”.


Cabe sinalar que nesa Galiza muradán están instaladas ventoiñas que fornecen de electricidade ao resto do país,e a mais velocidade amplianse sen rubor, para dar ainda mais…antes eran as vacas que nos criaban as que daban o leite para afora agora danse xigavatios .


Cabe sinalar,que efectivamente nesta Galiza,rural ou non, non inmenso territorio rural,non temos o internet do século XXI,e a súa implantación se que chega vai paseniña.


Cabe tamén sinalar que nesta Galiza,rural ou non,os bancos están facendo das súas,pechando sucursais,das que levantaron diñeiro arreo noutras alturas,en troques de nada.Neste caso substituíndo estas sucursais, por caixeiros,inmoralmente subvencionados e pagados pola Xunta de Galiza(-despreciable so ten un nome despreciable.).


Cabe sinalar o desastroso servizo dos teléfonos das administración públicas…como anedota leía estes días no facebooke,unha aportación do meu amigo Laude,que decía que tiña intentado ligar co Sergas unas 54 veces sen conseguir…..e co humor irónico que o caracteriza,preguntaba se alguén mais tiña chegado ao patamar deste record….


Cabe sinalar que os cidadans galegos-NON TEMOS- opción algunha de viver e traballar sen os bancos,para calquer cousa se te pide unha conta bancaria,PAGADA,NON e de BORLA,para domiciliar os recibos,recibir os salarios e pensións,con gastos e comisións cada vez mais caros e inxustificados dos que non te podes ceibar.


Cabe sinalar,que a uña de cabalo,faise maior a fenda dixital,non só no tecnolóxico,senón no aspecto relativo ao utilizador,noutras épocas era analfabeto,precisamente o que estaba alonxado do alfabeto,non sabía leer nen escribir,mas agora,xa comeza a existir o “analfabeto informático”,por ausencia das equipas e por erradicación programada do sistema,con caracter inmediato os idosos.

(Xurdeme unha pregunta inmediata para todos os leitores,cantos de vos por exemplo sabedes utilizar o DNI electrónico actual ?….pois mira que non haberá DNIs no estado….).


Epilogo, grazas a "venerable" –eufemismo-xuiza por permitirme tirar a superficie estes aspectos moi,moi moi superficiais,da nosa Galiza.

Até a próxima.

Morgadans,outubro do ano pandémico de 2021

Comentarios (0) - Categoría: Outubro 2021 - Publicado o 31-10-2021 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0