Barullo na Radio Galega Música
En primeiro lugar pido desculpas por este problema informático,que para a miña sorpresa descobrin(ron),que o texto estaba desaparecido,e que só rezaba a imaxe dun dos logotipos da Radio Galega Música,semella que foron cousas do internet do malo que é.
Pois ben teño que reconstruir o texto,que o acompañaba mellor ou pior.
O tema a tratar e moi simples, e relativo a galegofobia de esta Radio Galega Música,dos programadores e da institución que a goberna, no relativo a “música galega”.
O segundo martes de xuño do ano 2021, e o cuarto martes de xuño do ano 2021,fixen un control-que non foi por acaso-da música emitida pola emisora,entre as 12:00 e as 18:30 horas ,aprouximadamente.
O resultado foi que nese tempo foron OITO as cancións galegas o primeiro martes e dúas en inglés,o resto en español.
No cuarto martes salvo que se me escapara algunha o resultado foi semellante unha mais en galego.
O resto das cancions foron sempre en español,con toda clase de xéneros musicais,alén do Padornelo e da Canda.
Semellaba a todas luces que se trataba de unha radio comercial calquera, e que estabas nun territorio calquera,a única diferencia estaba,en que entre cada peza musical,había unha “cuña” en galego,machacona “Radio Galega Música a túa música”,e así e así.
Esta radio e a súa parente R.Galega e a Radio TVG, foron creadas por unanimidade no parlamente galego comezando o 25 de xullo do ano 1985,co gallo de axudar a normalizar no país a lingua (música),e cultura galegas.
Xa non e soio un tema de paridade,xa que MAIORITARIAMENTE e música en español,sen paliativos,quedando moi lonxe o suposto obxectivo de paridade que alguns poidan ter na cachola.
A pregunta e moi simple, e que non hai música galega para cubrir,esa programación?,penso que sí, e se non a houber porque non recurrir tamén a música da Galiza do Sur,ou a Galiza do Sur Oeste,por iso da afinidade lingüística.
Non me importaría ouvir a Roberto Carlos algunha vez.
Despois do dito tirade todas as conclusions que quiserades sobre estes feitos.
Verdade que o titulo deste artigo,xa non resulta tan pretencioso ou incongruente….!
Verdade que cando falamos da exterminación sistemática do galego,hai base para fundamentar este aserto.?
|