Non se pode ter sol na eira e chuva no nabal.
Non se pode ter sol na eira e chuva no nabal.
E moi expresivo esta dica do refraneiro popular,quer dicer que a elección dunha cousa interdita a outra,de un xeito natural.
Mas esta explicación non formaba parte do fondo do artigo.Estamos a ver día si e día tamén as directrices dos gobernos a todo nivel sobre as medidas para combater o COVID 19,podemos predicar sen lugar a dúbidas de todas elas e no que nos atinxe a Morgadans,o profundamente erradas,manipuladoras,distorcidas da realidade,abusos intensivos de poder,e consonte a elas a pasividade da cidadanía que entra sen rubor,neste tipo de xogo maléfico.
Cheirame que e un experimento mais do control das masas por parte de todo tipo de poderes.
Xa pasou mais un ano de silencio e con una certa anuencia sobre as medidas a tomar por estes gobernos,e o coro dos medios de comunicación,simplesmente pola magnitude do problema que os colleu a todos co paso cambiado,agora ben isto xa non e así.
Ben sabido que a solución ao problema está na vacinación MASIVA da populación.
Non hai outra,non fago causa se o suficiente está no “nivel de vacinación de rebaño”,que e una cifra estadística,no outro si acertaron “rebaño”.
Non hai outra saída,unha vez vacinados acabaronse os outro tipo de problemas e as economías do tipo que for poden normalizar a situación,aquí está claro que o que primeiro o faga terá vantaxes.
Embora cal foi a actuación da Unión Europeia neste ponto,a negociación coas farmaceuticas Pfizer e anglo-sueca Astra Zéneca.
O comenzo foi un contrato millonario coa Astra Zéneca,cuio contido foilles incluso ocultado ata hoxe a os propios eurodiputadas en temas esenciais,iso si anunciando un subministro por Astra Zéneca de 200 millons de doses,
Quince días mais tarde a propia Astra di que NON vai cumplir este contrato;ata data de hoxe non leva subministrado mais de 40 millons de doses a UE,aquí a Ursula von der Leyen,luciuse de cuidado.
Alén diso hai un rechazo absoluto as vacinas Sputnik rusa que foi unha vez mais a primeira que saiu,mas iso merece outro artigo,e as chinesas,con eso de que viñan da China,a pesares de haber existido uns xenerosos oferecimentos por eses dous países.
O rechazo e insostible e con argumentos peregrinos,que si a vacina rusa se experimentou e 76 pacientes….literal frase da Directora Xeral para o combate ao sida,nunha cadea televisiva de máxima audiencia,o facto e que se está utilizando na propia Rusia e mais de 52 paises a data de hoxe.
A fenda non tardou en chegar pola Hungría o primeiro ministro dixo a BBC,que el levaba toda a vida vacinandose con productos do leste e alí estaba ;a republica Checa o mesmo.
Onte martes día 30 de marzo,anunciouse unha conferencia telefonica tripartita entre Putin,Merkel e Macron,co gallo de vacinarse nestes países e na UE coa vacina Sputnik.
Da china isto e similar,está dando e vendendo doses da Sinopharm,a uns 50 paises do mundo.
Isto en si non e tan inocuo como parece,non e un problema de producción,senón de acaparar o mercado entre outras cousas,e un chalaneo co gallo de apañar cotas de mercado,non só polas citadas Pfizer e Astra zéneca, senón tamén pola vacina rusa existen asemade os intermediarios que SEN APORTAR nada pretenden tallada no asunto.
Ocurreseme ao menos mais de setenta e cinco argumentos que merecen explicación,económicos,socias de xestión e incluso lingüistico,o papel supostamente neutro da Axencia Europeia do Medicamento,mais isto queda para outra ocasión,e namentras mais do mesmo,máscara sanitaria,o rebaño tardará en enterarse do tema.
Israel está vacinado,Reino Unido tamén,estados Unidos con todos os problemas vai a uña de cabalo,e aquí en Morgadans por iso de estar na UE e estar no estado español nen con moito levamos o 12%.(Falase de un nivel aceitable a partires de xullo agosto).
Para os legos,Sputnik,para miña xeración e equivalente a satélite,de feito na linguaxe usamos esta palabra fronte a satélite,a traducción do ruso ao galego e “compañeiro” “acompañante”,e a V que acompaña e de vacina,non e ningún ordinal,porén existan varias numeracions.
|