 Vanse os mellores…Ferreiro..!
Tiven a oportunidade de falar con el hai poucos meses no Hotel Coia de Vigo,onde militantes comunistas,demócratas,exmilitantes,amigos e simpatizantes de todo orden,puidemos dar unha homenaxe moi simple pero sentida a Luis “O Ferreiro”,e a outros compañeiros en todos os aspectos.
Teño a gala a dicer cando falamos da corrupción,e me din que e un mal inevitable e que todos caen nela que non e así, -“Ferreiro” como el gostaba que lle chamaran- ,eran un dos 2000 nomes que eu teño na cabeza que non meterían a man na caixa,incorruptibeis,firmes e constantes,polo interese dos demais.
Coñecín a Luis na sua vivenda que visitei de Travesía de Vigo,en Vigo aló polo ano 1971,a sua dona Pilar,e tamén naquela altura ao que era seu fillo bebé ainda, todo elo da man de Pepe Outes,e ,coincidimos todos en moitas outras ocasións en defensa da clase obreira,e da loita anti-franquista,por conseguir un mundo mellor ceibandonos da dictadura.
Eramos coñecedores das actividades que desenrolaba e desenrolou toda a vida dentro do PCG,fidel até a morte.
E meu deber deixar constancia desta simple lembranza do teu pasamento e do que representabas que irá comigo sempre,e para exemplo de muitos outros,e será así mentas vivamos e os bytes desta páxina o permitan.
In memoriam ¡!!
Morgadans 09 xaneiro 2021.
|