Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sen papas na boca
Sin papas na boca.

E claro que no remate deste ano 2020 “annus pandemicus”,e doado para o confinamento voluntario ou non,e ,por demais para reflexionar sobre os aconteceres locais e do alén por que non.

A primeira patada na retina e o anuncio do primeiro prócer de Gondomar,ao publicar na prensa sen recato algún a distribución de 100.000 euros,entre os comerciantes e taxistas de Gondomar,segundo se dí para minimizar entre estes colectivos os efectos da pandemia.

Nos térmos matemáticos do asunto e no efecto temporal diso,me remito ao acertadísimo comentario de algún partido local,en concreto Manifesto Miñor,por ser o primeiro que me chegou,aconsello a visita a súa páxina,e sobre todo polas propostas que esta organización política fai.

Noutro orden de cousas a meu ver e un caciquismo en estado puro, a golpe de talón,sen recato algún.

O segundo feito importante,ficou patente na noite do día 17 de decembro do 2020,en que por mor das cheias apareceu inundada una grande parte da Vila,as causas son moitas,as talas rasas,o abate de arboles no canle dos ríos,a falla de mantenimento para manter a raia as matas nos ríos ,Zamans,Morgadans e Miñor,os recheios e entullos ilegais,e sobre todo o urbanismo,certamente descontrolado.

Estivo a exposición pública nunha das fases, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello,mal parido polo que se vé,e foran moi poucas ou nulas as consideracions e desenrolo de una política medioambiental doada,coa estimación de a curto prazo de declarar sen reserva alguna as zoas inundabeis no concello, e interditadas a todos os efectos,e tamén a valoración singular caso por caso de calquer actuación urbanística,ao menos con efectos paliativos.Mediambientalmente non podemos vivir de costas a os ríos…


E claro que a medio ou longo prazo mentras non se poña remedio,as inundacions en Gondomar van ser recurrentes,non se sabe cando,mas sabese que van a acontecer,e irán sen dubida alguna a mais,precisamente pola actuación humana a todos os efectos.Por tanto se non poñemos primeiro a primeira pedra, a IDEIA,difícilmente vai a existir solución.

Como referencia,existen abondosos exemplos e dramáticos der inundacions con vitimas humanas e materiais,pero a mais próxima que me ven a memora foi a de Lisboa do ano 1982,porque serviu de máximo exemplo para todo Portugal e o urbanismo do país, una vez estudada,quer decir foi correctiva.

Por tanto o debate sempre sigue de fondo,temos que facer a escolla entre o “panis et circus”,ou o necesario,ainda que non venda tanto políticamente.

Construir un pipi-can na vila ,ou unha pista de escorregamento skate,fronte ao alcantarillado do Barrio da Pedra en Morgadans, e outras parroquias ,non e una escolla difícil,entre outras cousas.

Até a prouxima,e Bon Natal a todos os fragueses.

A fotografía e da prensa comarcal.
Comentarios (0) - Categoría: Decembro 2020 ano da pandemia. - Publicado o 18-12-2020 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0