Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un estrondo de libertade ambientalista.
Un estrondo de libertade ambientalista.

Perante este novo surto de pandemia do covid-19 que nos ten un pouco atrapallados,decatamonos que non podemos parar e pousar no camiño,baixo pena ser envoltos pola ambición que de cotío traballa,a decir contrario da letra do tango “Silencio”..”Silencio en la noche ya todo está en calma el músculo duerme la ambición descansa….”

Hai que estar moi despistado para non reparar que estase dando unha manobra de longo alcance económico e de todo tipo sobre os montes galegos,a instalación de mega VENTOIÑAS xeradoras de electricidade,en todo caso co conluio,anuencia,dos poderes públicos da Xunta de Galicia,dando a reviravolta a toda a lexislación sobre a materia de un xeito eufemístico,e convertindo en “light” todos os posibles atrancos.

Iso si coa tímida e de eficacia limitada na intervención dos tribunais ordinarios nun par de casos concretos.

Todo elo en claro beneficio de uns MOI poucos , e con claro detrimento de uns MUITOS,entre os que me atopo.

Particularmente e de un xeito inmediato afectame os parques de vento das Serras de A Groba e o monte Galiñeiro,e con incidencia prouxima a varios concellos todos eles extremeiros de Gondomar.

Ocurrenseme ao menos mais de trinta alegacions directas contra deses parques e acho que iría a ficar corto,mas haberá que sinalar que eses usos son de todo orden exclusivos e excluintes dos demais usos.

E decilo claro tamén,que a instalación de potencia eléctrica en Galicia,toda Galicia,non significou en nada a baixada do prezo do kilovatio para o consumidor final na nosa terra,e decir para mín ,para ti que estás leendo,nen para as industrias,para todos vós,antes ben todo o contrario sofrimos as mesmas ou mais subidas que no resto do estado,para o que saiba leer que vaia interpretando se pode.

Dixen estrondo,pois ben este estourido,por un lado ten varias concrecions, a primeira radica no Manifesto de oposición a os parques eólicos das Serras da Groba e do Galiñeiro,concretizado en que mais de 60 colectivos responderon a este chamamento do (IEM),Instituto de Estudos Miñorans,colectivos a os que se suma este humilde traxicómico blogue,sen reserva algunha.


Semellante a este ponto pero en distinta magnitude de escala,está o “Trámite de consultas para avaliación ambiental estratéxica ordinaria” do PXOM de Gondomar, elaborado polo grupo político do Val Miñor,Manifesto Miño,non só non poño una tacha senón que gabo a súa actuación.

Deixo para os mais interesados,as ligazons a os mesmos.

https://iem.gal/destacadas-portada/manifesto-de-oposicion-aos-parques-eolicos-das-serras-da-groba-e-do-galineiro/


http://minhor.gal/alegacion-ao-documento-de-avaliacion-ambiental-estratexica-ordinaria-do-pxom-de-gondomar/


Até a próxima.

A os 20 dias do sétimo mes da covid-19 do ano 2020.
Comentarios (0) - Categoría: 20 novembro 2020 - Publicado o 20-11-2020 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0