(A pandemia tamén afecta ao adiado deste argo,o lamento)
Louvas recibe quen louvas dá.
Sempre asistimos o longo da historia,deses comentarios as veces que quedan pola boca pequena, que hai persoas e institucions que reciben gabanzas e honores realmente inmerecidos,noutros casos mais alarmantes compranse os tais,lembremos o caso de Mario Conde,que mediante promesa de oportuna merced,obtivo o nomeamento de Doutor Honoris causa por detederminada universidade,eran outros tempos-que se volverán a repetir-.
Porén temos una institución moi próxima no Val Miñor,o Instituto de Estudos Miñorans,que recibiu merecido premio, e mais importante recoñecimento do Concello de Baiona,os detalles os deixo para a releitura dos xornais que se fixeron eco do asunto,mas para todos debe estar presente o intenso traballo feito nas áreas que ocupa desde a súa creación,desde a recuperación toponimica,a memoria histórica,até a recuperación petroglífica singular e única,pasando polo premio Vitoriano Taibo no noso Morgadans,as gavanzas caen pois no saco cheio….!!!!Parabens.
Agora imos a arregazarmonos para metermonos noutros asuntos.
Vivimos tempos pandémicos,e como tal distintas manifestacions en toda a cidadanía de todo orde.
Asistín neste outubro ao primeiro pleno mensual celebrado no auditorio Luis Tobío,como e habitual desde hai algún tempo;teño que decir que en todo caso respectando as distancias “sociais”,una parte dos corporativos arriba no proscenio e a outra parte sentados nas cadeiras dianteiras,e nos os asistentes sen voz nen voto atrás,alén diso, a cousa iba de máscaras,como se do antroido se tratara imos ver.
Por una banda a teima de seguir adiante pola equipa do goberno, na construcción de un “pipi-can”,e una pista de “skate park” de 65500 euros de vellón,vamos de patinetes para entendernos,despilfarrando un diñeiro que ben empregado daría para facer a canalización de esgotos,alcantarillado,en parte das parroquias que non dispoñen dél.
Ouvindo isto lembreime doutro ególatra –Gil-alcalde do concello de Marbella,que acabou como acabou,e a oposición do PSOE naquel momento,todos procesados por corrupción.
Mas o circo chegou depois,cando se puxo en causa o comezo do curso escolar,e alguén levantou a lebre do custo das máscaras para as familias durante todo o curso,eiquí a postura do gobernante era de escapismo;quer dicer os concellos xa están asumindo custos a mais,en competencias que non lles son propias,como para meter un gasto extra neste ponto.
Teño que decir que pasou pola miña mente que de haber alí un representante de ABANCA,ergueríase fidalgamente e diría,basta xa de discusións estériles….!!!,ABANCA, arrima o hombreiro e vai dar de borla mascaras a todolos nenos escolarizados de Morgadans e Gondomar!!!!!.
Parvo de min estaba soñando, porque nese intre ABANCA estaba pensando como apretar mais a todos os clientes para aumentar o cobro das comisións,e ocuparse de cobrar as que teñen en curso,solidarios si pero con ela mesma.(ABANCA sempre gaña...).Deste asunto permanente imos falar noutra ocasión.
Non deixa de ser certo que hoxe leio nos media que o PP de Gondomar de Paula Táboas,de un xeito excepcional,destinou as indemnizacions por asistencia a pleno, foran muitas ou poucas,a os meniños escolarizados de Gondomar.(Simplemente fago mención a este feito).
Tamén non menos importante no eido da restauración da memoria lingüística,que o concello de Forcarei,sumase ao chamamento a os veciños para por as súas lápidas en galego,agora e sempre,tal e como se fixo en Morgadans hai oito anos.
(Outros son mais coherentes https://www.gciencia.com/historias-gc/san-facundo-de-ribas-de-mino-o-unico-cemiterio-con-todas-as-lapidas-en-galego/?fbclid=IwAR3UQOUirld-T_M5g-i7zxz4sdNkfUFtEkYaO-PGsdmPhzxaHzeGLrvoj1E )
O mais importante o meu ver e a primeira gran vítima da pandemia económica,o lado oscuro do Partido Popular na Xunta,o comezo das obras para as ventoiñas na Serra de A Groba que segundo informan dende SOS GROBA “
, comezan as obras no Alto da Groba para a instalación do futuro parque eólico na serra. Tristura, desacougo e moita raiba contra esta agresión ao noso patrimonio ecolóxico e natural.
Toca moverse e loitar contra a Xunta de Galicia, que vén vender os nosos montes!”.
Lembrense que deseguido temos o mesmo na Serra do Galiñeiro se non lle pomos remedio.
30-outubro-2020.No oitavo mes da era pandémica.!!!
Facebook Morgadans Morgadans
https://www.facebook.com/profile.php?id=100006374223874&viewas=100000686899395
|