Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eu non teño o ánimo mesto
#Gondomar fibra xá .

Pasado o día pasou a romaría,di a dica,más o fundo e mais que iso.

Acheganme amigos,coñecidos,colegas,correlixionarios,blogueiros,whatsapeiros,faceboqueiros,tuiteiros e demais,distintas opinions e mostras de ánimo relativas ó resultado do 12-X.

Resultados que estarán celebrando obviamente os ?Ppeiros?,e por iso do auto-odio que os persegue non o estarán facendo con viños ou espumantes do noso país,senón auténtico champán francés,e brindarán de seguro noutra lingua que non sexa o galego.

Tamén puiden leer o desacougo de algún outro por non ser votada as súa opción,en concreto a plataforma pola sanidade públida de Touro;non teño mais que decir que algún como xa pasamos e sofrimos tantas e duras, estamos VACINADOS e nunca mellor dito,que soio se o Covid-19 non nos leva por diante,nos imos aguantar,ánimo mesno nada?!

Porén isto non era o motivo do blogue de hoxe,non,o tema está en algo redundante,repetitivo,tautolóxico,porque o seguimos a sofrir e non ten fin a curto prazo,quer dicer, a inesistencia de internet na maioría das parroquias,e a baixisima calidade do servizo daqueles que polo contrario gozan deste servizo público-(A diferenza do seu prezo que e desorbitado).

O pasado sábado fixose una asambleia de veciños,abaixo,no Parque da Coelleira,desta vez con notablemente mais cocorrentes,alí cadaquen espuxo do xeito que quixo o seu problema,moi casuístico e individualizado,pero resumible en dous,non hai internet e o que hai onde quer e malo.

Ficou clara a vontade de tirar para diante,e dirixirse como medida primaria una vez mais por escrito, colectiva e individualmente a os actores implicados-me remito ao escrito para apañar sinaturas-continuar coa mostra en casas e carros dos cartaces da campaña para sensibilizar e externalizar o problema,e una chamada ao priméiro prócer ocupante da cadeira do concello para que faga algo mais de tirar fotos e ocupe un papel mais activo nesta causa.

De Morgadans como sempre eramos una cheia,que amosaba o nivel de preocupación polo tema???en fin isto era de chorar?..

O tema acho que vai para lonxe,xa que as operadores teñen os clientes asegurados, e os gaños encherían una pipa de masa?.
#Morgadans

18 xullo2020.

Comentarios (0) - Categoría: Xullo2020-Era covid-19 - Publicado o 18-07-2020 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0