Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UNESCO 5 de maio Dia Mundial da Língua Portuguesa
UNESCO declara 5 de maio o Dia Mundial da Língua Portuguesa

Sei que este artigo non vai ser de leitura masiva,como muitos outros,mas co alcance que el ten ?Morgadans-chégame.

Morgadans e pois un morgadío moi particular en todos os ordes da vida,a decir de alguns un concello fracasado,abortado e non nato,a decir doutros estamos aquí e agora,algunha ventaxa ten de ter.

Pois ben,convido a propios e foráneos a dar unha volta polo cementerio na parroquia de Santiago,alí na campa poderemos ollar unha inmensidade de apelidos e nomes portugueses,e non moi recentes;son froito da emigración noutrohora.


Tamén coñecíon en vida,vellotes orixinarios e nados no norte de Portugal,coñezo hoxe seus fillos e netos.


Que acontece con iso, pois moi claro algún recoñeceume non sen certa vergoña ser luso descendente,e outros non tiñan a mais mínima consciencia disto,lembraban iso sí que algún ascendente,era portugués,mas dalí non pasaban.


Para colá nesta descrición temporaria, atopei algunha-xenero feminino-que me falou con orgullo de que a súa avó era portuguesa,enterrada nesa campa,e ollaba neste feito ser un patrimonio a conservar.

A mais aló disto, e mais cousas ,hai un factor común en todos eles,a lingua non minte,hai certos sotaques-en español diríase ?dejes?-de un claro portugués que eu recoñezo cando se fala galego,tantos nos xiros,nas expresións como como na pronuncia .

Neste ponto gostaría de algún rapaz lingüista fixera os estudos de campo sobre isto,a "melange" das dúas linguas que se dan en moitas partes do galego-portugués.


Para xa fica mais lonxe o coñecimento gramatical do portugués,e decir moi,moi,moi lonxe,prácticamente inexistente,e nalgún caso está moi extendido que co galego dialectal xa chega,e non precisamos a mais,non quero decir que se viren as costas a esa nosa lingua mas non hai consciencia delo.


Para alén do dito froito das observacions directas si concordo na necesidade de prestar atención a esta lingua,como propia,entre os novos e non tan novos,que dende o ponto da utilidade liganos con una comunidade muito ampla.


Meios non faltan,hoxe co internet ainda que capado en Morgadans,somos terceiro mundo neste ponto-a pandemía demostrou unha vez mais -as carencias neste ponto,a inexistencia de cobertura,a lentitude dos bites están presentes.


Tamén via satélite e posible recibir as emisions da TV portuguesa en todo o mundo e desde logo en Morgadans,coa radio non temos problema porque recibense con moita claridade ao menos tres emisoras portuguesas.

Os cursos de portugués deberían ser unha actividade cultural en todo o Val Miñor.


E tamén como muito relevante,os partidos políticos incorporar nos seus programas,para fronte ao Estado eisixir,a distribución pola TDT da televisión portuguesa en toda Galiza,tal e como acontece en distintos países da Unión Europeia,entre áreas,ou rexions ou países de mesma lingua,moi próxima ou semellante,feito este amparado,e subvencionado pola propia U.E,pero vexo xente moi pacata neste ponto.


Alén diso hoxe imos celebrar que UNESCO declare cinco de maio o Dia Mundial da Língua Portuguesa


#Morgadans
Comentarios (0) - Categoría: Maio 2020 ano da pandemia - Publicado o 05-05-2020 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0