Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As calendas do Natal.
As calendas do Natal.

De cando en vez gosto de facer experimentos sociolóxicos,entre eles para pulsar o uso da lingua galega en distintos ámbetos,uns son por acaso e outros son periódicos,entre estes últimos atópase o relativo ao natal.

Pois ven este ano como o anterior e o outro, e o antergo tamén,pido un calendario,en establecimentos onde merco e onde non merco igualmente,o calendario como presente por estas datas soe ser muito usual e sofrido,pois ben se o teñen normalmente danche o calendario.

Eu son muito eisixente e por tanto gosto dos calendarios grandes,dos de sempre,a ser posible maiores mde 50 x 50 cm-que xa lle chega, que son para pendurar na parede e ollalos a distancia cando os precisas,vamos una auténtica patada na retina.

Mas unha cousa son os meus desexos e outra a realidade, que significa nen mais nen menos quedarte co que te dan,sen mais lembrandome daquelo de a cabalo regalado??.

A mais tamén hai os pequenos de carteira,minúsculos,reducidos,que apaño por educación a sabendas que nin os vou por na carteira e por seren tan pequenos non os leio ben e preciso dos óculos.

Para xá este ano non tiven sorpresas e decir de todos os que pedin que foron dez-no pequeno comercio-só dous estaban en lingua galega,elo non quere dicer que o pequeno comercio non usa o galego,simplesmente que o pequeno comercio non usa o galego nos calendarios??e decir que como mostra do que fan, o galego supostamente non vende non /si? .

Non quero entrar neste artigo en temas de gosto,pois daría moito para falar,prácticamente o cento por cento,con temas que non tiñan nada a ver nen co comercio nen coa actividade ou ca contorna,ou proximidade,todos estereotipados e paisaxes ou fotografías alleas ao servizo prestado,excepto a letra que os acompañaba.

Como anécdota a suliñar,e entendedeme de quen foi o suxeito,bo amigo;o ano pasado en decembro deume un calendario ,estaba en español,peguei nel e leveino obviamente,e dixenlle dame un dos que tes ahí en galego-a sabendas que non o tiña-,e dixome esgotaronse?! Pois ben no presente ano decembro 2019,non fixo ningún calendario,e o seu presente foi en especie,que non entraba no tema da lingua,toca reírse.!

Mañan irei a pedir outro a antiga Caixa de Aforros,que nin e Caixa nen poupa,que eles sempre fan os calendarios en galego,e como todo cambia??, ata que decidan mudar??..




Comentarios (0) - Categoría: Decembro 2019 - Publicado o 29-12-2019 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0