Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alter ego,o outro Eu,o sosías.
Alter ego,o outro Eu,o sosías.

Para os non iniciados ou que tiveron a desgraza de non aprender latín,alter ego quer decir o outro eu,e unha imáxen do mesmo,chamase sosías.

Obviamente non existe na realidade o sosías de ninguén e unha utopía,alén diso sería moi aburrido ter un idéntico a si mesmo como nas matemáticas,mas o certo e que na vida diaria,e de un xeito simplificado sentímos visualizados a nos mesmos nun ponto concreto ou nunha conducta concreta de outra persoa,e decir e unha identidade parciaria,velahí o que digo.

A pasada semán falecía en Morgadans Pepe Cacho para os amigos,por causa de unha doenza irrespetuosa,como todas.

Lembrome de como botava unha olladela pola fenestra o día das votacions como decimos por aquí,leín nos seus ollos e o seu sorriso,a frase "Xaime gostaría ir convosco mas non podo".

O certo e que Pepe estaba reformado,despois de ter traballado toda a súa vida nos asteleiros de Barreras en Vigo,e claramente podemos decir que "Barreras" si pasou por él;nas miñas charlas sobre política local ou institucional,mais ou menos períodicas,sempre tiña un comentario acertado ao meu ver,a diferencia de outros,que semella que "estiveron en Barreras" como quen vai a un bar a por un café.

Salve Pepe que te seña leve,o meu e lembrarte,a tí a túa esquela en galego da túa familia,porque en moitos pontos,con diferentes experiencias,sintome identificado contigo,dalgún xeito es tamén un alter ego,outro eu,o sosías.

Como non e costume en mín asistin ao teu enterro,embora non participei nos oficios relixiosos mas respeteinos coa miña presenza,non fun o único.

No momento final que te levaron a túa derradeira morada reparei que o novo crego de Morgadans,falaba as oracions en galego a todos os fragueses,e estes por falta de costume contestaban en español na liturxia,o anterior crego tiñaos ven adestrados en español embora este fora extremeiro do concello veciño,polo sur.

Ao rematar,acudín a felicitar ao crego como un fragués mais,sen acritude de ningún tipo nen a él nen a igrexa;o rapaz indicoume que habería que ir con tempo,pero que o galego iría adiante,lembroume que Xesucristo,non falaba latín,senón arameu-e decir o galego daquel tempo-.

A verdade e que viume a cabeza de chamarlle a este artigo "o cura de Morgadans fala galego",mas pareceume pretencioso e parciario.

Xa na altura de publicitar este artigo,chegame a nova do falecemento de Rubén de Carvalho,notable home e loitador incansabel, do Partido Comunista Portugués,persoaxe muito interesante, nun Portugal no que ainda hai moita xente visceralmente e irracionalmente anticomunista.

Ruben,era o organizador cultural nato da Festa do Avante,que se fai normalmente na primeira semán de setembro todos os anos o sul de Lisboa,e que recomendo visitar,pola variedade cultural,musical e social que alí hai.

Teño que decir que tamén na parte que me toca me sinto indentificado con Rubén,e outro alter ego meu,outro Eu,o sosías,ao igual que o crego de Morgadans.

Por se hai algún despistado leendo este artigo teño que dicer que eu non teño nen unha migalla de alter ego co Donaldo Trumpe!!!!
Ruben(1) https://www.msn.com/pt-pt/motor/videos/morreu-o-dirigente-comunista-ruben-de-carvalho/vp-AACIz9n ^
Comentarios (0) - Categoría: Xuño 2019 - Publicado o 11-06-2019 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0