Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Venres pretos -CRTVG
Morgadans,como algúnha vez ouvín non e o fin do mundo,senón o seu comezo,xa sabedes a miña opinión Morgadans-Paris-Londres, e por ese orde precisamente.

Pois ben unha das extensións de Morgadans,non no territorial ,senón na área socioeconómica e de comunicación e a Compañía da Radio e Televisión de Galicia-CRTVG.

Pareceme muito importante que se informe sobre Morgadans, non só dos incendios,periódicos e devastadores,da inutilidade da Entidade Local Menor de Morgadans para xestionar o monte e a súa posta en valor multifuncional,non non so por iso.

Morgadans,precisa de uns medios que informen,independentes,de verdade,comprometidos coa nosa realidade.

Neste ponto me ven a miña mente a loita valente,brava,dos traballadores da CRTVG,que todos os venres de cada semán desde hai algo mais de nove meses,poñen enriba da mesa as eivas e defectos deste ente público,e contra a manipulación informativa.

Estes traballadores entre outros , cumplen unha vez mais o devir histórico que corresponde a os traballadores da información;lembranse de quenes eran os primeiros represaliados das clases dominantes,pois precisamente os impresores,porque leían o que compoñían e publicitaban,e concienciabanse eles mesmos da súa situación de opresión.

Esta loita baixo o lema "#Defende a galega",ten caídos como non podía ser menos,e caídos precisamente co que mais teñen a perder, o seu posto de traballo.

Tati,Moyano,Marga Pazo,Alfonso Hermida,Ana Pérez,Carlos Jiménez.....teñen o recoñecimento e apoio mais claro,de ao menos unha parte de Morgadans,porque a outra está preparando o curro deste ano 2019,e non se entera de nada polo momento.

Salve !,por denunciar desde dentro e expor a toda galeguidade a manipulación informativa da CRTVG,e por tanto han de sofrir as agresións dos galegos como no Monte Medulio,até as derradeiras consecuencias.

(Nota de última hora:Segundo as recentes investigacions seudocentíficas o Monte Medulio,podía estar ubicado aquí en Morgadans,entre o Galiñeiro e o Caldeirón,acreditase que a traducción do latin orixen para a súa ubicación non era o río Miño,senón o río Miñor...en fin cando se leven a cabo as excavacions arqueolóxicas e se confirme o asunto xa avisarei.....!).

https://twitter.com/i/status/1114125808073871361
Comentarios (0) - Categoría: Os venres pretos-CRTVG - Publicado o 07-04-2019 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0