Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POÑER O PE NON E O MESMO QUE METER A PATA ¡!!!!
POÑER O PE NON E O MESMO QUE METER A PATA ¡!!!!

Temos un xaneiro de vertixen,que hoxe remata;tocanos viver momentos históricos como xa lles tocou a outros denantes que nós,a cuestión e como os vivimos.

O mais importante e o golpe de estado contra Venezuela munido polos EE.UU,e os seus aliados inmediatos e incondicionais,Unión Europeia,Reino Unido,e como non podía ser menos España,agora non está Aznar,está Sanchez,non está Bush,está Trump,o tema de fondo o petróleo do país, o resto son excusas,a liña de traballo e a mesma de Chile,Arxentina,Uruguay,Paraguai,Honduras,e recentemente Afganistán,Iraque,Libia.

A taxonomía e sempre a mesmo,a sabe aparato de propaganda a uns níveis increíbeis,defenestración dos rexímenes,polo medio que for,aproveitar as debilidades dos líderes,afogamento económico, e maisculizar calquer mínima discordancia interna no país como no caso da Ucrania,e pasar sen rubor algún a forza,sempre con inmediatez.

Motivo principal a ?democracia?,se esa democracia te dera de comer ou fora para todos?.,dubido eu moito da democracia de un tipejo que deixa morrer nenos nas fronteiras sen recato e o xustifica,vaia demócrata..(/perdón é republicano?),en fin isto non fai mais que comezar.

O grave do asunto a meu xeito de ver, que son moi poucos e contados aqueles demócratas de verdade e comprometidos socialmente que teñen a oportunidade de manifestarse contra esta situación por todos os medios.

Son pura e simplesmente silenciados e acusados de colaboracionistas neste caso de Maduro;noutrora eran ?comunistas? lembrese según a época da historia.

Outro tema moi próximo nas grandes ciudades o constituie os transportes privados VTC,Uber e Cabify;como os mais grandes lanzaron una ?OPA aberta e maliciosa?,contra o sector do taxi,o obxectivo parece claro, introducirse por todos os medios neste sector alegando a competitividade e beneficio para o consumidor a costa de precarizar a os traballadores que se incorporarían as VTC.

Por outra banda o sector do taxi tan defenestrado e antipopular socialmente-lembremos que noutra altura para aqueles que temos memoria este nome era peiorativo,(xunto co de fillo de puta e lechero?o digo a efectos simplemente descriptivos),o certo e que se comportan como un sector pouco evoluído, e con funcionamiento da edade media propio dos gremios;no valor patrimonial do taxi,non mexelo?.como froito da especulación,e dereitos adquiridos,.... a costa e costas das administracions competentes,descoñezo o primeiro taxista que entregara a súa licenza despois de xubilarse,por exemplo;alén disto o sistema de prezos, e o servizo proporcionado sempre con queixas,tranquilos que isto tamén acontece en Nova Iorque,vamos idéntico ao da iluminación de Vigo.Seguiremos falando deste asunto.

Embora o que e o tema de comentario e a desaprobación,vaia por diante, e o anuncio do Sr.Alcalde de Barrio Sr. Ferreira (perdón quixen decir de Gondomar),desembarcando con novo proxecto para o centro da Vila de Gondomar ,como os cans precisan de facer chi-chi e Cocó respectivamente,tivo a ocurrencia de parir un ?pipí can?,terminoloxía que hoxe está na moda,e o que podía ser un desembarco glorioso que en definitiva e o que el está a procurar,ou cando menos poñer o pé con acerto,foi ,é,una metedura de pata.
Oitenta e cinco mil euros de vellón,si 85000 euros, vai saír a broma se non se impide o asunto,a elo hai que engadir que os meus parroquians do Barrio da Pedra en Morgadans están sen saneamento,cos esgotos a correr por aquelas costas abaixo;todo elo despois de ter paralizado o saneamento a pesares de existir un acordo plenario obrigatorio para él ,para iniciar sen escusa estas obras.

Gondomar primeiro concello ondeo o chi-chi e o co-có dos caes teñen prioridade sobre estas necesidades fisiolóxicas humanas do Barrio da Pedra.

Enfin o cómico que non falte porque este ano o carnaval ainda tarda.
Salve Sr.Alcalde ¡¡¡




Comentarios (0) - Categoría: Xaneiro 2019 - Publicado o 31-01-2019 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0