DELIMITACION DO NUCLEO DE PRADO-Morgadáns
Entrou en vigor o novo núcleo rural de Prado en Morgadans,como xa o fixera con anterioridade o de Campo Grande tamén en Morgadáns.
Están en lista de espera pola publicación os de A Carballa,A Mourisca e San Roque,alén o de Penalba en Mañufe.
A nova en sí pode ter moitas calificacións,pero en todo caso débese exclusivamente ao intenso traballo, en silencio e calado de Antonio Arauxo,ao fronte da equipa de Urbanismo de Gondomar.
Coñecendo como coñecemos a Antonio,de Manifesto Miñor, non nos cabe a menor dúbida do intenso traballo, en silencio, atendendo a os veciños un por ún dentro e fora de horario municipal, e todo iso sin fotos..... sen cobrar exclusiva......
Todo hai que decilo,este traballo ten nomes e apelido,para o Concelleiro de Urbanismo e Tenente Alcalde.
Que digo EX-Concelleiro, xa que con tada 22 de outubro e polo Alcalde de Gondomar, produxose a destitución, expulsión de este Concelleiro do Goberno de Gondomar,Morgadans perde un grande valedor,progresista,traballador e entregado onde os haxa.
Cabeme a dúbida de se o Alcalde de Gondomar, asinou o que ten enriba da mesa desde hai perto de un ano, o contrato de subrogación de empresa redactora do plano de urbanismo municipal.
En todo caso ao Alcalde cabelle a gloria de levar o loureiro de que Gondomar NON teña Plano de Ordenación Municipal nesta mandatura...realmente interesaba....?.
A delimitación dos núcleos,permitiu con toda claridade, o reactivar a industria de construcción e rehabilitación nos mesmos,con toda seguridade xurídica e acorde ca nova legalidade.
Alén diso, evitou o derrube das vivendas que tiñan sentenza de demolición, despois de acabados todos o procesos sancionatorios habidos e por haber, e expedentes rematados da Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística APLU,garante de urbanismo en todos os concellos acollidos a ela-Gondomar-
todo elo con especial cuidado e atención,dado a extrema deste núcleo co parque natural do Monte Aloia.
https://valminortv.com/2018/10/25/entra-en-vigor-o-nucleo-rural-delimitado-de-prado-morgadans/?fbclid=IwAR2Lq2Dh4y7f_1QTISdATQzxBiI8becvP57C2K30NRupGNddXu2cAuQRgJI
A defensa do ben común da os seus froitos,cando e levado dentro de un programa de goberno progresista e cos actores políticos doados.
O recoñecimento de Morgadans pola miña boca a ese traballo e seus froitos,a Manifesto Miñor e ao Ex-Concelleiro de Urbanismo.
Miña pregunta e terá alguén a intención de aproveitarse políticamente e individualmente deste traballo ...? .
https://www.facebook.com/manifestominhor/videos/1061763590637580/?t=1 |