 PASAMENTOS GALEGOS.
No mencer do día seis de agosto deste 2018,finaba Ernesto Chao,de todos coñecido.
Toda unha vida adicada ao teatro fundamentalmente.
Foi famoso por moitas cousas, entre elas a serie televisiva galega e en galego "Pratos Combinados",onde interpretaba un persoaxe retornado da Suiza;claramente a Suiza non entrara nel ,nen el entrara na Suiza,e,onde como meio dono do "Bar Suizo",atopabase sempre metido de cheio en innumerabeis e comicas situacions,quer o uso peculiar da monda das patacas,galegas por suposto,quer o simple xeito de facer as cousas.
(Para os profanos indicarlles tamén que a "pataca" e tamén a moeda oficial de Macau).
Pois ben na realidade Ernesto Chao,tamén participaba na promoción dos produtos galegos,como se pode ollar na foto que se achega,e moi apañado co titulo de consumos galegos.
-Esta serie pode ser vista sen carrego algún para quen desexar,no arquivo da RTVG-.
Desde Morgadans neste blogue o meu recoñecimento,a tí e os que te sigan,e que a terra te seña levis.
Vai preparando unha nova serie para cando nós cheguemos onde ti ficas agora. |